28 de junio de 2009

DOBLETE DO NANTON ¡¡¡¡

FINAL COPA DA COSTA VETERANOS
NANTON 4 - BERGANTIÑOS 0
O Nantón redondeou a tempada
Campiós de Liga e Copa

Na mañá de hoxe, parte dos compoñentes dos Veteranos de Ponteceso desprazámonos a Verdillo a ver a final de Copa entre NANTON e BERGANTIÑOS . En primeiro lugar temos que felicitar a gran organización do San Lorenzo, que na miña opinión estubo a altura de tal acontecemento como era de agardar.
O encontro comezou co control por parte do Bergantiños pero que apenas durou 15 minutos, despois dos cales chegaría o mellor Nantón e a base de contras ben armadas irían o descanso co xa contundente resultado de 3-0.
Na segunda metade o Bergantiños arriscou e adiantou o equipo para intentar recortar diferencias no marcador, e así, nunha contra, chegaría o cuarto gol doNantón que sentenciaba a final.
A destacar a labor do colexiado Iván que controlou o encontro en todo momento, ainda que tamén temos que destacar a deportividade que reinou durante todo o encontro poñéndolle así a labor mais facil.
O remate dos noventa minutos o San Lorenzo fixo entrega duns recordos a todos os que foron presidentes da entidade. Deseguido o Comité entregou os respetivos trofeos da presente campaña; Trofeo a Deportividade desta tempada recaíu no CORME, o trofeo PLACASA ao máximo goleador no xogador GONZALO do Sp. Bértoa, e os títulos de Campeóns e Subcampeóns tanto de Liga como de Copa NANTON e BERGANTIÑOS respectivamente.

AGORA A DISFRUTAR DO VERÁN E IR RECARGANDO AS PILAS PARA PRÓXIMA TEMPORADA.
¡¡¡ QUE PASEDES UN BO VERÁN !!




22 de junio de 2009

FINAIS COPA DA COSTA 08-09

Xa están servidas as finais da Copa da Costa. Este pasado domingo xa quedaron configuradas as duas finais, veteranos e federados. Queremos felicitar en primeiro lugar os nosos pontecesáns que por segundo ano consecutivo están na finalísima. Tamén felicitamos e desexamoslle toda a sorte os dous equipos de veteráns para esa final que deseguro vai ser apaixoante, pois chegan os dous equipos mais en forma da temporada.

FINAL VETERANOS
NANTON - BERGANTIÑOS
"As Pedreiras - 11:00 horas"


FINAL FEDERADOS (ida)
PONTECESO - SONEIRA
"O Pinguel"

9 de junio de 2009

MAIS FOTOS ¡¡

Aqui vos deixamos unha sengunda entrega fotográfica da festa de fin de temporada dos Veteranos de Ponteceso celebrada o pasado 30 de maio en Balarés.

EMPARELLAMENTOS SEMIFINAIS

A sorte quixo que os dous grandes favoritos non se cruzasen en semifinais, polo que da lugar a pensar na final que tantos apostaban por ela,  BERGANTIÑOS-NANTON.  De todos xeitos lembramos que a Copa sempre depara algunha sorpresa.  Sorte os catro semifinalistas ¡¡¡

1 de junio de 2009

TOCA DESCANSO...Imos de vacacións.

Aqui vos deixamos unha pequena reportaxe gráfica da festa de fin de temporada  que os Veteranos de Ponteceso fixemos como non podía ser menos en Balarés. Desexarvos a todos unhas boas vacacións e que pasedes un bo verán.