9 de agosto de 2010

PONTECESO - AT. MILAGROSA (2-1)


Primeiro amigable da pretempada 2010-11. Recibimos a un recén ascendido At. Milagrosa. Ainda que a estas alturas de pretempada é dificil sacar conclusións, pois os equipos ainda andamos xustos de efectivos (vacacións, praia, familias, festas...), si podemos dicir que este At. Milagrosa vai ser un equipo competitivo e que de seguro vai dar gerra nesta nova categoría para eles.

En canto o encontro só dicir que a deportividade foi o primeiro dos triunfos. Cabe resaltar en canto ao aspecto físico que non parecía encontro de pretempada, pois para ser o primeiro encontro o ritmo de xogo non estibo nada mal. Os nosos goles foron obra de Paco con lanzamento dende o frontal da área (1-0) e de Pena (2-1) con unha preciosa vaselina despois dunha gran asistencia de Paco. Temos que resaltar a actuación José Mª que por mor da lesión de Gerardo tibo que xogar de porteiro, labor esta que non fixo nada mal, sacou un man a man o dianteiro atlético e mostrouse moi seguro baixo os paos.
XOGARON; José Mª, Rama, Vidal, Suárez, Chema, Charli, Paco, Pichuco, Cros, Pena, Carlos, Mato e Pablo.

No hay comentarios: