23 de agosto de 2010

PONTECESO - CORME (4-2)

Como se da SuperCopa se tratase, podemos dicir que xa temos o primeiro título do ano. Disputamos este domingo o que xa ven sendo habitual nestas últimas tempadas, o TROFEO CONCELLO DE PONTECESO. Encontro no que en primeiro lugar destacamos a deportivade entre ámbolos conxuntos e a colaboración do Concello.
En canto o encontro, comentar que a maior diferencia estibo nos banquillos, o Corme chegou con un plantel moi xusto e que pouco a pouco lle pasou factura no que o aspecto físico se refiere. Poñeríamonos por diante no minuto 14 despois dun saque de esquina que Pichuco remataba maxistralmente de cabeza o segundo pao. Cando estábamos a dominar o encontro nunha contra o Corme empataba (30´). Con este resultado chegábamos o final dos primeiros 45 minutos. Na segunda metade como xa comentamos anteriormente o Corme foi perdendo forzas e xa o dominio era case que total, e así xa no 50 Pelé con unha bolea que el mesmo se prepara pon o 2-1, Pichuco de penalti no 59´(3-1) e Mouzo a pase de Pena no 28´ o 4-1. Recortaría diferencias o Corme (4-2) xa case no remate do encontro.

XOGARON; Gerardo, Chema, Rama, Vidal, Suárez, Mato, Charli, Pichuco, Carlos, Pena, Cros, José Mª, Alfonso, Pelé, Toni, Mouzo e Susinho.

PLANTELES DO CORME E PONTECESO


O NOSO CAPITAN VIDAL RECOLLENDO O TROFEO
QUE FAI ENTREGA O SR. PORTEIRO, CONCELLERIO DE DEPORTES.

No hay comentarios: