6 de septiembre de 2010

II HOMENAXE A CHICHO

No día de onte vense de celebrar a segunda homenaxe o finado "CHICHO", xogador entre outros do Cabana e Ponteceso, sendo a súa última etapa como adestrador dos Veteranos do Cabana. Día de moitas emocións por parte da familia futbolística e dos seus achegados que estiberon presentes na homenaxe.

Chicho na súa epoca como xogador do Ponteceso.


Nesta segunda homenaxe celebrouse un triangular entre os dous equipos do concello Cabana e Nantón, e os Veteranos de Ponteceso. Un triangular marcado pola moita calor que fixo nas Redondas.
Por parte do CABANA resaltar novas incorporacións que fan un equipo se cabe ainda mais competitivo e no que sigue Allo como mister. O NANTÓN cargado de caras novas, un dos equipos que parece que mais se renovou e que parece que apostar a ser un dos candidatos a nova tempada que está a piques de comenzar. Pola nosa parte e como xa ven sendo habitual en pretempada, chegamos moi xustos de efectivos, uns por vacacións e outros que por lesión non puderon asistir.

Resultados do Triangular;
CABANA - PONTECESO (0-0)
PONTECESO - NANTON (0-2)
NANTON - CABANA (2-2)
XOGARON; Gerardo, Rama, Chema, Mato, José Mª, Toni, Charli, Pena, Cros, Hugo, Mouzo, Susinho e Miguel Pérez.
Agora debido as festas locais (BARQUIÑAS 2010) semana de descanso, e xa a esperar pola primeira xornada de liga, o vindeiro día 19.
SORTE A TODOS NESTA NOVA ANDADURA 2010-11.

No hay comentarios: