20 de septiembre de 2010

PONTECESO - Feli..ZAs (2-3)

Así nos quedou a cara despois de deixar escapar tres puntos do Pinguel.

Primiera xornada desta nova tempada na que como xa é costume xogamos por rachas, non somos que de ser constantes durante os 90 minutos. Practicamos do mellor futbol da Liga pero non somos quizás o competitivos que son outros equipos.
Chegou o Zas que xogou as súas bazas, xogo barullento, comer a orella ao colexiado e cortar o xogo continuamente a base de faltas (algunha que outra fora de tono). O encontro foi unha constante ida e volta no marcador no que nos puxemos duas veces por diante pero que non soubemos rematalo cando tubemos a oportunidade. O gol segue a ser a nosa nota pendente. Felipe firmou o primeiro "jake-trike" da tempada, dous dos goles de calidade dun dianteiro como é el, tamén destacar o golazo de Mouzo nun tiro cruzado.
OS GOLES; Mouzo no 32 (1-0), Felipe no 35 (1-1), Pichuco no 43 (2-1), Felipe no 53 (2-2) e o definitivo 2-3 de Felipe no 70´.
XOGARON; Gerardo, Rama, Vidal, Pablo, Chema, Alfonso, Toni, Cros, Mouzo, Carlos, Pena, Paco, Miguel Amado, Pelé, José Mª, Pichuco, Suso e Miguel Perez.
O COLEXIADO; Juan. Recordar unha vez mais que o mínimo que deben é saber o esencial do regulamento, como exemplo unha mano pitada contra nos o borde da área e pitalla indirecta, igual que nun agarron a Pelé cando ía só hacia porteria e nin tarxeta amarela aparte de marcala indirecta igualmente. Despois todo solucionamos con sacar tarxetas ante as protestas. Dámoslle a nota mínima 1 (puntuamos de 1 a 5).

Na vindeira semana xa chega o clásico, esta tempada madruga. Recibimos ao Cabaninter que tamén ven de perder por 1-3 na casa, polo que se espera un encontro no que ámbolos conxuntos queren conseguir os primeiros puntos da tempada. Tamén destacar que ambos conxuntos chegan con caras novas, no Cabaninter o noso ex-lateral Chano que debido a renovacion do mister Aimar..co decidiu diexar o clube, e por parte nosa recuperamos a Pena despois de duas tempadas cedido no Cabaninter. Pois o dito, CLASICO MADRUGON CON MOITO MORBO, FICHAXES, .....

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Practicades o mellor futbol da liga?.....modestia aparte non?...amoooodooooo, non foi solo comerlle a orella o colexiado, tamen houbo 3 goliños

Anónimo dijo...

Tamén destacar que ambos conxuntos chegan con caras novas, no Cabaninter o noso ex-lateral Chano que debido a renovacion do mister Aimar..co decidiu diexar o clube.
.....................................
Despois dis que non che gustan os follons.................

Anónimo dijo...

Parece mentira que os vosos 30 e pico anos ,(que xa non sodes uns nenos), andedes con estes piques. Cada un xoga dónde lle da a gana.O que se trata é de pasar o tempo , e non de crear malos rollos dentro e fora do campo. A ver se collemos sentidiñoooooo.

M@rko dijo...

sR. anonimo (coma sempre) o de chano se o poño e porque el mesmo nolo dixo, osea que non tou faltando a nadie, se el non quixo nadie lle puxo trabas, eso en primeiro lugar, en segundo o outro anonimo dicirlle que se digo que os nosos xogan ben non minto, outra cousa é gañar. nada mais, se con esto é buscar follons apaga e vamonos.

un saudiño.

P.D.; Xa vexo que tiñades gañas de festa.

Unknown dijo...

Empeza a liga e xa estan os retrasados de siempre tocando o carallo,eche millor que vaias ver luar,este e un blog do ponteceso de veteranos non de tocacarallos anonimos, tio non sei si tes un problema ou unha obsesion con nos,desde aqui non se lle falta o respecto a ningun equipo nin a ningun xogador,solo a anonimos coma ti que por desgracia andades vagabundeando polo traballo dos demais e non vos valorades mais ca vos,ahora podes contestarme o que queiras pero que sepas con antelacion que son alergico as tonterias

Flo dijo...

Así se fala

Anónimo dijo...

O Pablo este para ser alergico as tonterias ainda solta bastantes,dedicate a xogar e non chames retrasado a ninguen que esas personas merecen un respeto que ti parece ser que non lles tes. Un saludo para todos os xogadores do ponteceso e a todos os xogadores de esta liga.

San Ginés dijo...

Volviu a liga.......por fin. Con su salsita incluida.
Eu non e por mal meter, con respeto digovos k as cronicas vosas son bastante forofas, as veces pouca obxetivas. Ta ben tirar pa casa dun., peeero tantoooo
Nunca perdedes merecidamente, sona extraño.
Sorte a todos e deixade k os pementos piken aljo, ten a sua gracia

Zurditadeoro dijo...

Xa empezou o follon?.....bueeeeee, esperade siquera duas xornadas ohhh!!!!

Makinavaja dijo...

No comentario do anónimo hai pa un debate: porque coño algúns andan de equipo en equipo coma se fosen cracks? qué pensan que van estar mellor noutro sitio que cos compañeiros de toda a vida? Eu creo que é mellor estar onde un conoce a xente, cos seus defectos incluidos, pero eso dos fichajes en veteranos non me mola nada. En esto dos veteranos onde se nace se pace...creo eu.

ratomil dijo...

Hello.Empezades forte este ano..gardade a forza po campo..¿Pablo;un all bran?,jejejejje.Be water my friend...palabras necias,oidos sordos.Bicos.

Aimar...co dijo...

creo que na cronica non pon nada de que se mereceu gañar ou non, incluso critica a falta de competitividade dos nosos, pero cada un interpreta a súa maneira.

Unknown dijo...

cada un arrima a ascua a súa sardiña, normal. Contra eso, que cada anónimo faga o seu blog, non está de mais respetar o traballo dos blogueiros. O que si estou dacordo e co comentario de makinavaja, para que carallo se complica a xente con tanto "traspaso"?
saudos e sorte a todos

Anónimo dijo...

Todo o problema ben por culpa do de sempre,que non tiña necesidade ningunha de decir porque marchara o xogador ese para o cabana(o que pasa e que lle gusta o morbo o chabal que escribiu).Aqui cada un xoga donde quere e donde o queren e non hai mais voltas

defensa de Cabana dijo...

Por certo,o colexiado Juan pouca orella da que comer,non seades asi,outras veces ambos de dar,¿ou non ten pasado xa asi?Non cambiaredes,carallo,jejejeje