SAN ROMAN - PONTECESO (2-2)
XOGARON; Gerardo, Rama, Chema, Pablo, Pérez, Toni, Paco, Pichuco, Pelé, Alfonso, Mouzo, Hugo, Pena, Victor, Carlos, Suso, Charli e José Mª.
GOLES; Pichuco (2)
Outro puntiño máis que nos afianza nunha posición cómoda da táboa clasificatoria. Un punto que incluso puderon ser os tres pero que non sabe a pouco contra un equipo como é o San Román. No outro gran encontro entre ese Bergantiños-Xuventude tamén acabou nun empate a dous, e o que parece que volveu a despertar foi o Nantón con ese contundente 7-2 ao Bértoa.
Na vindeira xornada recibimos ao Vimianzo que nesta xornada ven de perder por 2-4 frente ao Corcubión.
Resultados da xornada:
NANTON | 7 | 2 | BERTOA |
VIMIANZO | 2 | 4 | CORCUBION |
SAN ROMAN | 2 | 2 | PONTECESO |
AT.MILAGROSA | 2 | 4 | CABANA |
BERGANTIÑOS | 2 | 2 | JV.BERGANTIÑOS |
BAIO | 2 | 1 | CASTRIZ |
CAMARIÑAS | 0 | 2 | ZAS |
13 comentarios:
Noraboa polo gran partido que fixestes, e mirade a paxina do xuventude, non ten desperdicio....
noraboa por ese empate,a seguir asi..............
non vin todo o partido pero na segunda parte xogades un gran encontro, si señor. Noraboa ¿vedes como as cousas non son como empezan? xa estades ahí. Sorte
carallo,xa vos dan como favoritos,ostras.....levo tempo sin pasar polo campo,terei que ir ver as millorias,jejejeje.
Poden estar orgullosos,tanto que predican con bo rollo e de que son todos iguales....decian que nos xogabamos solo once,ahora eles como fan?,teñen xente que non xoga nada....jajjajaja.Que lojo se pagan,o final cada un non pode ocultar o que e.
Carallo, andas prendendo lume en todo que se move ou que?
Ti arregla o da tua casa que o de Ponteceso ta todo moi arreglado
O blog do cances xa ta cheo de comentarios....ahora hai k traer aljo de lume pra aki:
O ponteceso coma o atleti.... Eterno candidato pra kedar sempre ni fu ni fa, .....cando non safa o descenso pola entrada doutros
Algun prende a ver se arde,pero eso depende da leña que lle boten,non vos olvidedes.E certo que cada un ten dabondo que facer na sua casa,pero cando e falar do Bergantiños parece que a maioria se apunta a ese carro,e moi facil falar dos demais,e pa muestra os comentarios desta semana no blog do Cances,nos que abundan os de dar paos,poucos estan a decir que se deixen de meter con eles,todos somos bos................
O anonimo anterior recordarlle que o Ponteceso ten unha copa na buchaka, o mismo dia que españa ganou a eurocopa, 29-6-2008 que non se lle olvide. Un saludo
PARA ALEX ti mismo o dis cando todos falan do mismo critican o mismo ou chamalle como queiras ¿por algo será non?
Sinplemente porque ten o mellor equipo xunto co Nanton dende hay 2 anos,asi de facil....
xa empezades a censurar outra vez?...as verdades escocen
Na liga española hai unha enfermedad chamada madriditis, na liga de veteranos estase empezando a esparcirse a bergantiñitis. Os mellores siempre lle teñen envidia,parece que hai moito do barsa nesta liga
Publicar un comentario