10 de abril de 2011

"SE FINÍ..."

BAIO - PONTECESO (2-2)

Xogaron; GERARDO, VIDAL, PABLO, AMADO, TONI, MOUZO, CARLOS, SUSINHO, RAMA, PICHUCO, PACO, PENA, CROS, PELE, JOSE Mª E MATO.

Goles; PENA (2)

Fin !! Rematou a tempada para nós. Caemos a de primeiras contra un dos equipos que seguro ten moito que dicir neste torneo do KO. Outra vez se nos puxeron con un dous goles de vantaxe ainda que cos dous goles de Pena conseguimos maquillar un pouco a eliminatoria. Agora toca vacacións e desexarlle o mellor os que ainda quedan no torneo.

Pola nosa parte quedamos todos citados para primeiros de xuño tal como acordamos para facer a festa fin de tempada que este ano ten como principal novidade o remate do ciclo desta directiva que tal como estaba acordado chegouse o cuarto ano e toca deixar sitio a outros para renovar e dar aire fresco a este proxecto. Informaremos en vindeiras fechas.

¡¡ A RELAXARSE E DESFRUTAR DO VERÁN !!

No hay comentarios: