19 de diciembre de 2011

¡¡ VOLTAMOS A ACTIVIDADE !!

Despois dun longo tempo "PARADOS" en breve o blog dos Veteranos de Ponteceso retomará a súa andaina. Non sen antes anunciar certos cambios no clube.

NOVA DIRECTIVA
Despois dos catro anos estipulados nas directrices desta Asociación tocou relevo. Polo tanto a directiva formada por Gerardo, Carlos, Miguel e Marco deixan paso a outra xente que seguro trae novas ideas e sobre todo gañas de seguir dando continuidade a este proxecto.
Os novos directivos Jose Mnel. "PENA" e José María "CHEMA" axudados polas súas donas son os novos directores deste grupo.
Dar as gracias a tod@s por aguantarnos estes catro anos nos que seguro tubemos os nosos fallos pero que tamén esperamos haber tido alguns acertos. A NOVA DIRECTIVA desexarlle toda a sorte neste novo ciclo da Asociación e agradecer o paso de coller as rendas deste GRAN GRUPO.

Polo tanto tamén toma nova dirección o blog, o cal queda nas mans da nova directiva.



¡¡ SORTE COMPAÑEIROS !!

No hay comentarios: