22 de enero de 2012

PONTECESO - SAN ROMAN (1-3)

Nesta xornada non conseguimos sumar ningún punto. Comenzamos moi forte, pero ó pouco xa non levábamos o mesmo ritmo, e como non, o San Román viña coma sempre, forte e con bo fútbol e sentenciounos o partido. Comenzaría marcando o San Román , despois dun tiro cruzado á porta, rebotando a pelota no poste e entrando na nosa portería a pesar dos intentos do noso porteiro Gerardo de evitalo. Conseguimos empatar cun gol de Lucatoni. Chegabamos así o descanso.
Ó pouco de empezar a segunda metade xa nos caeu o segundo gol do San Román, un centro cruzado que tropeza cun dos noso xogadores e entra na nosa portería, e o terceiro non tardaría en chegar, xogada a balón parado, centro e remate de cabeza. Así chegamos ó final cun 1-3.

Na próxima xornada visitamos ó Bertoa. Rapaces a concentrarse!! Temos que recuperar esa minirracha que levabamos!!! Un saúdo......

No hay comentarios: