29 de octubre de 2007

A Faba Mekánika Ataca de Novo



Final da primeira volta con un merecido 2º posto e con ánimos de mellorar como o demostra o precontrato firmado polo noso mister Aimar ...co que lonxe de aguantarse co que hai, quere debilitar os nósos contrincantes que veñen de sufrir unha importante derrota fronte ós Ponis.
O precontrato incluie pase Vipp (vai indo pouco a pouco) nas duas próximas festas das fabas, coche de linea para vir a adestrar, e 12 Euros cada mes (a pagar).
Tamén se chegou un acordo para que nos faga uns arranxos no Pinguel, como bo albanel que é, e xa mercou o cemento, que area xa trouxemos da Ponte do Porto de sobra, en botas nariz e gorxa, que unha cerveciña logo do partido non se toma nin de casualidade. Parecemos un equipo de ex-alcoholicos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Parece que a fabada producíu o 'efecto explosivo' que se esperaba en Camariñas. Imos ter que empezar os sábados con dieta de efectos secundarios, que en Baio disque nos faltou 'chispa'.
Aljúns deben ter unhas mulleres ben severas, que non lles deixan quedar 5 minutiños a tomar un jlorio.