22 de octubre de 2007

Partido de P.M.



Pois eso partido de P.M (Propia meta, os tres goles 2-1) donde todos se dedicaron a tirar a súa porta. O Noso Alfaro dixo que era en sinal de protesta pola fichaxe de Donato, do que non se sabe nada dende o último adestramento, que por mor da pouca luz tivemos que decirlle que sorrira todo o que puidera. Logo saiu buscar un balón cara A Bouza e non soupemos máis del. Por favor todo aquel que o vexa que nos avise en este blog. Grazas.

Seguimos notando nos arbitros bastante pasotismo no referente o xogo duro pero non así no tema de protestarlle dende o banquillo, que ahí si se defenden ben. Bueno paciencia

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A donato viuselle de camiño a muxia,pa rezarlle os milagros,pa ver se o deportivo carballo ganaba algun partido.....pois foi contratado polo presidente de dito club.....o sea que o tendes que buscar nalgunha pulpeira de por alo...bicos

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Estes partidos de P.M. deben de sen unha venganza dos defensas, fartos de ver como marcan sempre os dianteiros, eles tamén teñen dereito a reivindicar a súa capacidade goleadora ¿ou non?.Ah! noraboua por esa fichaxe, segundo informacións chegadas a Cances, parece ser que o viron na festa de Ronaldiño e Robiño. Concretamente as nove da mañán disque que o viron ir mercar máis "camisiñas" (xa sabedes o que os portugueses chaman "chubasqueiros do....."), seica xa acabaran os 40 que comprou Robiño.

Anónimo dijo...

Nin por Muxía, nin de festa, o moreniño este estivo onte na miña casa. Eu xa o vía un pouco desorientado, e pensei que viña pedir pra festa das fabas, e un bo saquiño delas lle dei.

Anónimo dijo...

Hai que decirlle ó rapaz que hai coches de línia, que lle dixestes que o seguinte partido era en Ponte do Porto e foi encarjar o jantar, a pé, claro. Xa que sacaron o tema, e ló non hai papatoria?? Que ben entra un churrasquiño despois do partido. Aljén se apunta??

Anónimo dijo...

Xa que o comentario é anónimo, o do churrasco non estaba mal que invitara a directiva para subir a moral logo de duas derrotas, pero ainda que sexa pagando eu apúntome. Por certo, Atila o rei dos uns sería eu, que son o nº 11 ¿non?(merda, delateime)