4 de octubre de 2007

Saltan Chispas


Pozí, antes do crucial partido (hai que cruzar a frontera con Malpica), quedamos sen luz no campo como se pode ver na foto, e eso que temos tres electricistas na directiva, pero claro, esta é unha directiva "sen enchufe". Bueno, bromas aparte, este tema que xa leva tempo sobrevoando o Pinguel xa cheira e compre solucionalo, pois eu fun mirar a correr se viñeran os recibos do Concello e "faltemalús" que non falta ningún. Vai boa de vir entrenar os de Cabana á Ponte e agora vamos ter que ser nós os espaldas mojadas.

Polo menos se non puntuamos o domingo (non o temos pensado) xa temos a que botarlle a culpa e non poñemos o mister na corda floxa.

P.D. O mister dende agora denominarase Aimar ...co.

5 comentarios:

QuitoPonteceso dijo...

Podedes facer coma os moinos, coller a corriente do poste da luz, que anda moi preto do campo ...

Ou levar focos ...jajja

Anónimo dijo...

Ideas pa entrenar de noite:
Poñerlle unha linterna o balon...
ki ku ki ku.....

Anónimo dijo...

Xogar cos chalecos de trafico.....
ki ku ki ku....

Anónimo dijo...

Xogar en bolas con condons luminosos.
ki ku ki ku.....

Anónimo dijo...

Quito, collida do poste xa estaba agora, a quen lle chamas moinos? Je, Je, Je