Non, non é a canción do atún, e o "Zaspatazo" que levamos onte, fronte ó peor Zas dos últimos anos pero que sen embargo fixo un partido moi serio en defensa (mesmo defendian os 12)e que levou os tres puntos do pinguel en dous fallos nosos.
A mellor noticia é que non houbo baixas, a pesar da contundencia dos contrarios, (agás para ir buscar os balóns) pero Aimar ...co xa pensa no vindeiro partido fronte os agora líderes, e xa caeron tres xogadores da convocatoria, logo das filtracións de que estiveran ata altas horas da noite na festa do Pilar, logo de saber que Alfaro Suárez non fora sancionado por ir ó carnaval do Couto. Xa empezamos coas diferenzas.
7 comentarios:
Un mal día lo tiene cualquiera.
Ánimo "chicos".
Tiña que pasar. No momento en que un está máis confiado, reláxase e é cando se producen estes ZASpatazos.
O árbitro, escollidiño para a ocasión, na verza, disque foi moito bailar na Pilarica, e ata altas horas. Facíalle moita falta tomar un café no descanso, pero cerroulle a cantina... e a seguir durmindo. Eso sí, unha vista baaárbara. Pitaba os fóra de xogo desde LESTIMOÑO. Para o seguinte arbitraranos o "tio moñas"?
Boicot aparte, a tomalo con calma, e non levar moitos golpes, que se cadra é mellor non quedar na 1ª división (=batalla campal)e sí na 2ª(=fútbol veteranos).
Gustariame saber porqué saiu a foto esa tan antigua no Acontecer, se ademais fala da liga e non do Ponteceso
Bueno un dia tiñanos que baixar a terra ,pero con todo esto seguimos coa cabeza ben alta e o proximo domingo demostraremos quen somos .
Eh unha cousa e donde esta a nosa santiña CHICARELLI. Saudos a todos
O da foto debe ser porque o "protagonista" tivo que botar man do baúl dos recordos (non lle debía quedar ningunha da comunión).
Xa, e de paso, para os que non estean ó tanto, que sigan pensando que é o entrenador do Ponteceso vet.!!
A nosa Santiña Chicarelli do Pinguel está no Santuario do Faro, para vixiarnos por toda a costa da Morte, e temos que baixala, pero a tradición di que temos que bendecir esa baixada con un churrasco* ou similar...
*Indirecta para a directiva
Publicar un comentario