19 de noviembre de 2007

Ata o rabo ... todo é toro


Pois ten razón o refrán, e gañando 0-2 no minuto 89, con Zizú lonxe da portería, vai Michel Salvado, e dalle por despexar coa perna menos boa, e métella "con Vaselina" a Gerardovich, que ainda así quedou doido.
E nestas vai o árbitro e quere enmendar que a primeira parte durara 44 minutos, polo reló oficial "cadena 100" do MR e alarga ata o 94 sen razón, e claro non sei se terá que ver o Murphy, pero nun rechaze entrou o segundo en un partido controladísimo donde non tiraran a porta en todo o choque. Que se lle vai facer.
Por certo, Aimar ...co intentou crear polémica e xa co partido rematado (o mosqueo non lle permitiu oir o chiflo) fixo un piscinazo no banquillo que bateu, meritorio para calquer programa de videos de primera, pero a cámara non o apuntaba.Quen si apuntou un dato foi o porteiro do Clube que dixo que trouxeran o bloque pero faltaba o cemento.Esperemos que o comité non o tome como acto vandálico e nos poña unha multa ou nos chame a atención coma no partido de ida. Ah, ningunha tarxeta para ningún dos DOUS EQUIPOS e eso que empatamos. TOMEN NOTA
Menos mal que á volta fixemos avituallamento e uns bos callos e unha orella fixeron máis levadeiro o camiño. O Domingo toca derby e temos unha exclusiva foto de algun infiltrado. Permanecede atentos a pantalla nos vindeiros días.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

O DO DOMINGO FOI UN PARTIDO MOI SERIO, BEN DISPUTADO ATA O MINUTO 89, NO QUE ELES NON FIXERON NADA MAIS QUE APROVEITARSE DALGUNS XOGADORES NOSOS QUE LLES DA IGUAL ESTAR GAÑANDO CA PERDENDO. NON SE PODE SER TAN CONFORMISTAS E HAI QUE SALIR O CAMPO CON MASI CONCENTRACION E NON PENSANDO NAS VERZAS..... Un saudo de un que espera que se retome o vuelo.

Anónimo dijo...

O cabreo do mister penso que é mais ca xustificado. Eu son gañador e tirar o traballo de todo un partido en tres minutos pareceme algo increible. Hai que sair o campo dende o inicio ata o pitido final concentrados e con gañas de xogar... o unico bo que saquei deste partido é ver que a xente se apoia e seguimos con bo rollo... PERO ESO SI QUE QUEDE CLARO QUE O PROXIMO DOMINGO VAI HABER CAMBIOS IMPORTANTES NO PLANTEXAMENTO.

Anónimo dijo...

O que se veo onte foi un equipo pra xogar o futbol e de bo rollo e o do resultado e gafe do traballo, ¡hasta rompeu o banquillo! eh eses callos con esas hermosas orellas que desjustamos despois agradecese moito que fomos invitados pola directiva.Moitas gracias.

Anónimo dijo...

a todos nos gusta ganar pero este e un equipo de VETERANOS o importante de todo e saber estar nos sitios e creo que si se pensase mais en pasalo ben e non en querer ganalo todo irianos mellor do que nos vai ,esto non vai por todos pero e un toque de atencion pa algun que escribe neste blog,menos samba e mais correr

Anónimo dijo...

ESTOU E ACORDO CO ULTIMO COMENTARIO "MENOS SAMBA E MAIS CORRER". AINDA QUE DE ESO ANDAMOS BASTANTE BEN,,, O QUE FAI FALLA E CENTRARSE E CREELO...QUE SOMOS TAN BOS COMA CALQUERA OUTRO DOS DE ARRIBA.

Anónimo dijo...

Aki non pensamos mais ca en comer....asi nos vai que non podemos cos michelins....jajajaja

Anónimo dijo...

Aquí pensamos en moitas cousas, pero non todas nolas deixan facer a cotio, pero podemos facer coma algún;"estilo parchís" .
Comemos unha, e contamos ...vinte.

Susinho Jaucho

Anónimo dijo...

Susinho Jaucho, desde que veu a auga parece que che lavou as ideas... sempre metentode cos mesmos...somos unhas vinte e pico de persoas na asociacion....jajaja

Pero bueno xa se pagaran todas...xa sabes por donde vou.

Golfinho.

Anónimo dijo...

Estou de acordo con aimar..co, somos tan bos como os que estan por riba de nos pero aparte de creelo temos que ter mais mala leche no campo e non confiar na suerte porque a suerte se non se busca non aparece.
Con respecto o saber estar creo que o noso equipo non se lle pode acusar de non saber estar, xa que somos moi respetuosos e deportivos, a veces en exceso,por eso tamen recibimos o trato que temos.Canto mais bo e ún mais che dan polo CU.A pesar de ser VETERANOS todos queremos gañar, senon quedariamos na casa.

casti dijo...

hola que tal,están moi ben os comentarios, pero ahí vai o meu, a ver si sodes un pouco mais humildes,sobre todo os que vos creedes tan vos como os que van en cabeza.falamos de suerte,a suerte non é mais que un cúmulo de situacións en un momento determinado e a nosa capacidade de reacción frente a éla.A suerte é dos que están preparados e non chega,créala tí;pero a suerte é para os mediocres o que hai que buscar é o éxito.

casti dijo...

e sigo que estou inspirado,o gran secreto do éxito é estar preparado cando chega a oportunidad,estar preparado é importante,saber esperar eínda mais,pero aproveitar o momento adecuado é a clave para ganar.
E sobre saber estar¿quén me pode explicar que quere decir saber estar no mundo do fútbol?eu asocio a boa educación,cortesía,boas maneiras,e iso aquí está mais que demostrado que hai.un saudo a todos.

Anónimo dijo...

Un día díxolle Xesús os séus discípulos.
Hoy me veis, mañana no me vereis, pero me volvereis a ver.
Todos quedaron absortos e un díxolle.
Maestro, lo que más me gusta de usted es lo bien que se explica, coño.
Dedicado a Casti.

Susinho Jaucho

Anónimo dijo...

haber se facemos mmenos a pelota porque podese explicar un mui ben pero se na realidad non fai o que di mal vamos

Anónimo dijo...

CUIDADO QUE O COMITE CONTRAATACA DE NOVO....DOMINGO PARTIDO DE RIVALIDADE E ARBITRA O "NOSO AMIGO" POMBO. O CORME XA TEN ALGO A FAVOR (e non o digo por meterme con eles).

O ZAS-BUÑO, un partido dos fortes, pois como non podia ser un arbitro dos fortes,,jajajaj...AÑON.

Un saudiño..