***************
III Encontro Internacional Futbol Veterano
A.C.D. VET. PONTECESO - G.D. MONTE REAL (Portugal)
"O Pinguel" - 11:oo horas.
O sábado recibimos os nosos amigos de Monte Real (Leiria - Portugal) por segunda vez en Ponteceso. No 2006 fomos nos de visita o seu pobo, no cal nos recibiron e trataron do mellor.
As 11 horas xogaremos un encontro amigable entre ámbolos dous equipos. Logo pasaremos o día todos xuntos no que lles ofreceremos unha pequena festa para disfrutar entre ámbolos dous grupos.
___________________________________
...
DOMINGO 29-XULLO
****************
...
FINAL COPA VETERANOS

SP. BERTOA - VET. PONTECESO
"As Redondas" (Cabana) - 12:00 horas
############################
...
Por segunda vez a A.C.D. Veteranos Ponteceso disputará a final de copa. Esperamos facelo o mellor posible e estar a altura dunha final tan organizada como están a demostrar os nosos amigos do Cabanarsenal. Sorte a todos, é que gañe o millor.
18 comentarios:
dende o club do mar darvos a noraboa pois penso que como equipo merecedes esta final. Desexarvos moita sorte pra gañala, penso que co grupo que tedes aparte de merecela, podedes gañala. Sorte e un saludo.
NORABOA EN NOMBRE DOS VETERANOS DO CABANA. A ver eses catro magníficos como se portan o domingo. O sábado, xa sabedes, a poñer os do filial.
Xa ta en marcha o dispositivo para que o Frente Urixeira non vos poña en apuros por aquí. Espéravos a legión no puente.
¿E lojo os catro magníficos xogan solos?
Primeiro dar as gracias a todos polo apoio mostrado. Dicir que os Veteranos de Ponteceso somos mais que un equipo un grupo no que todos somos importantes, aqui todos somos magnificos, e por eso chegamos a onde chegamos, e gáñese ou non a emocion de dispula final e vivir ese ambiente desde dentro xa non nolo quita ninguen.
Hola a todos, quero dar as grazas a todos polos ánimos que nos estades a dar. Vou dicirvos a lista dos magnificos que están convocados para a final.
1.GERARDO
2. VIDAL
3. MIGUEL PEREZ
4. SUAREZ
6. MIGUEL AMADO
8. MOUZO
9. CARLOS
10.ALFONSO
11.SUSO
12.RAMA
13.PABLO (non pode estar na final)
14.TANKE
16.CHANO
17.CASTIÑEIRAS
21.MARTIN GUTIERREZ
22.MARTIN AMADO
23.PELE
24.MATO
25.QUITO
Agora xa sabedes unha lista de 19 na que ata o momento so temos a baixa de Pablo (por estar convocado de ultima hora ca seleccion para a final da Eurocopa).
Ven o alcalde ou aljén vip pro palco?...e que prejuntou o noso presidente pra saber que roupa pon
bueno nenos xa estamos na final ahora a disfrutala e ke gane o mellor,darlle o meu apoyo tamen o S.D. PONTECESO po partido de volta da final e por ultimo felicitar a diretiva (Gerardo,Carlos,Miguel de Tella,Pablo e Marco)polo traballo de todo o ano. P.D. penso ke a diretiva podia afloxar o bolsillo e poñerlle un jet privado o guardameta pa poder xogar a final.
A ver si lemos entre "liñas". Todos somos magníficos, pero cadrou que se sacou unha foto así, e fíxonos gracia, como todo o publicado no blog do cabanalsenal. O Domingo sacamos todos xuntos unha no vestiario (se pode ser festexando algo) e punto.
Por certo. Nin os grandes nin os pequenos equipos xogan dous partidos tan importantes dous días seguidos ... nós si. Así que un partido vai pasar factura física ó outro. Cada un xa sabe o que ten que facer. Ou non???
Mandadelle unha foto "noba"os do cabana pa que poñan no cartel.....non se parece en nada o que tendes ahora....bueno secadra vale a misma poñendolle unhas estrellas pegadas nas veiras.
anonimo ke jana tes de joder eh da a cara non te escondas bueno mellor non a des que o mellor sorprendemonos
Ó anónimo das 12:15.Sinto comentarche que as fotos que van no cartel "físico" da final xa están actualizadas, pois mentras ti andas envenenando o ambiente os demais traballamos, pois é moi facil dende fora latricar, pero as fotos hai que ter ansia de levar cámaras ou de ter amigos a quen pedirllas e como así é o Cabana ten esas e as que queira a súa disposición das 45.000 fotos das que eu dispoño.
Susinho Jaucho ... dorsal número 11 do Ponteceso de Veteranos
P.D. Vou xantar
Esa foto é pra despistar o todopoderoso Bertottenham...que entre a festa internacional do sábado e esa foto, xa se frota as mans......caerá confiado!
E deixade o mal rollo que esta é unha FINAL, e non se vive todos os días. Tan anónimo é "anónimo" coma "un de lonxe" coma "un de cerca", esto é sempre igual....o pote dille o caldeiro. Non é obligatorio poñer a foto de cada un, pero polo menos non ferrulledes...
...que aproveite!, pero xa sabes: pastiña e arroz, hidratos de carbono...e nada de graxiñas nin sexo..
Estamos en trámites para a final do domingo.
Por outro lado, cando remato un partido o domingo, teño as pernas e o corpo ata o martes con dores por todas partes, como ides facer para xogar sábado e domingo a pleno rendemento??
Aimar..co, vai buscando un druída, apra que faga unha poción máxica.
Quito a poción esa xa imos repartila o sábado noite na concentración que imos ter...
Espero que os trámites non che fallen, necesitoo o plantel todo para a final.
vichelo bombazo que hai na web do cabanarsenal? será verdá ou será outra arjallada do Carioca
Envidia me dades xogar unha final con ese ambientazo que se ta preparando. Que teñades sorte e a disfrutala. E o sabado non meter moito a perna....non vaia ser
Publicar un comentario