PONTECESO - BAIO (4-3)
Goles; Alfonso (17´) - Mouzo (38´) - Pelé (60´) - Toni (81´)
Pois si señores, este ano aprobamos a asignatura pendiente...aprendemos a xogar con marcador en contra. No partido deste domingo fomos a remolque por duas veces. Sería o Baio o que empezaría marcando (0-1) os dez minutos. Non fixemos o mellor partido da tempada pero si loitamos moito e así acadaríamos o empate nunha pilleria de Alfonso cando o Baio estaba a colocar a barreira, e como non pedíramos distancia, Alfonso metea por toda a escuadra (1-1). Pouco durarían as alegrias porque sería de novo o Baio o que se adiantara no marcador (1-2),pero antes de ir o descanso nunha xogada moi bonita de Pelé, este ponlle un centro a medida que maxistralmente en plancha cabecea Mouzo o fondo da rede, e así co empate a dous goles iríamos o descanso. Na segunda metade saimos un pouco mais metidos no partido e sobre do minuto 60 sería Pelé o que nos deleita cunha fermosa xogada pola banda que remmataría nun fermoso gol a escuada, deses que petan no pao (3-2), por primeira vez poñémonos por diante no marcador. Despois nun corner a prol do Baio e nun barullo dentro da nosa área empataría de novo o Baio. Entón saiu de novo a nosas gañas, non nos fomos a baixo e nunha contra Mouzo poñeríalle un centro a Toni, que este se encargaría de enviar o fondo da portería.Foi unha xornada redonda na que recortamos puntos cos dous primeiros e descolgamos o Cabaninter. Agora toca descansar ata o 11 de xaneiro, agás algúns econtros pendientes que se disputarán nestas xornadas de descanso.
| RESULTADOS GRUPO 1ª |
|
| SEGUINTE XORNADA | 11/01/09 | |
4 | PONTECESO | BAIO | 3 |
| BAIO | CORCUBION |
1 | CAMARIÑAS | BERTOA | 2 |
| PONTECESO | CAMARIÑAS |
1 | CABANA | ZAS | 2 |
| BERTOA | CABANA |
0 | BERGANTIÑOS | NANTON | 0 |
| ZAS | BERGANTIÑOS |
0 | SAN ROMAN | BUÑO | 2 |
| NANTON | SAN ROMAN |
0 | XUVENTUDE | CORCUBION | 3 |
| BUÑO | XUVENTUDE |
|
|
|
|
|
|
|
| RESULTADOS GRUPO 2ª |
|
| SEGUINTE XORNADA | 11/01/2009 | |
| "descansa" | SOFAN |
|
| "descansa" | PORTEÑO |
1 | CORME | PORTEÑO | 2 |
| CORME | CORCOESTO |
1 | CORCOESTO | VIMIANZO | 4 |
| VIMIANZO | CORISTANCO |
3 | CORISTANCO | CLUBE DO MAR | 0 |
| CLUBE DO MAR | LEILOIO |
2 | LEILOIO | MALPICA | 1 |
| MALPICA | SAN LORENZO |
ap. | SAN LORENZO | DEP.CARBALLO | ap. |
| DEP.CARBALLO | SOFAN |
8 comentarios:
desde aki felicitar a toda familia do ekipo de veteranos do ponteceso e desexarlle unhas boas festas (cuidarse ben ke temos ke empezar o ano como acabamos)marcos creo ke vai repartir unha dieta pa cada un de nos xa falou cos cocociñeiros do ekipo susoguiñaño e eliarzak pa preparala
felices festas a todos os xogadores do ponteceso e a seguir asi tamen os nosos veciños do cabanainter que esta semana deberonlle de estalar os foguetes ou griparon desexarlle boas festas saudos dun aficionado
felices festas a todos os xogadores e socios do ponteceso.po ano ke ben seguir coma este ano con mui bo royo entre todos.un saudo a todos.
Pola miña parte solo me queda dar as gracias pola axuda e comprension prestada por parte dos socios colaboradores e xogadores coa actual directiva.Directiva que se sinte orgullosa de representar e formar parte de un grupo tan agradable e unido como e o noso.De cara o uno que ven solo vos pido que intentemos manter a mesma actitude, que non e facil. Non me enrollo mais BOAS FESTAS E SAUDOS A TODOS.
Desde Cances desexámosvos a TODOS OS INTEGRANTES DO EQUIPO DE VETERANOS DO PONTECESO, ASÍ COMO AS VOSAS FAMILIAS. ¡¡¡FELICES FESTAS!!!
Bicos e abrazos pa todos.
BOAS FESTAS a todos os membros do noso rival por excelencia.....ke unha cousa non ten que ver ca outra.
Comede turrón na pila e bebede champán abondo. Pasade do nutricionista, a ver se colledes uns kiliños de mais e nos da tempo a pasarvos porriba ainda.jeje
BO NADAL E BO ANO NOVO
boas festas a todos e que siga o bo rollo.sorte e salud.
Publicar un comentario