Partido para olvidar, o peor encontro do que vai de tempada. A xeada que había no Pinguel as 10 da mañá parece que nos afectou e non conseguimos facer o futbol que víñamos facendo nos últimos encontros. Un partido no que pouco hai que comentar. O descanso fomos co 0-0 inicial. Na segunda metade o gol do Camariñas chega nunha xogada desafortunada do noso gardamallas que non chega a ver ben o balón a causa do sol. O resultado xusto era o empate a ceros porque ningún dos dous equipos fixo méritos para gañar, pero o futbol é o futbol.
En canto o resto dos resultados destacar a primeira derrota do Nantón a mans do San Román, que así se mete de cheo na liga e que a nós sírvenos para seguir a seis puntos da cabeza. Tamén cabe destacar a victoria do Xuventude por 1-5 ante o Buño, e o mais sorprendente de todos é o 11-1 que lle endosou o Bértoa o Cabana.
A vindeira xornada visitamos o Cabana que a saber que nos atopamos despois desta sorprendente derrota, pois pode ser unha arma de dobre filo, ainda que como todos sabemos un clásico non ten nada que ver co resto dos partidos.
| RESULTADOS GRUPO 1ª |
|
| SEGUINTE XORNADA | ||
3 | BAIO | CORCUBION | 4 |
| CAMARIÑAS | BAIO |
0 | PONTECESO | CAMARIÑAS | 1 |
| CABANA | PONTECESO |
11 | BERTOA | CABANA | 1 |
| BERGANTIÑOS | BERTOA |
1 | ZAS | BERGANTIÑOS | 3 |
| SAN ROMAN | ZAS |
2 | NANTON | SAN ROMAN | 3 |
| XUVENTUDE | NANTON |
1 | BUÑO | XUVENTUDE | 5 |
| CORCUBION | BUÑO |
|
|
|
|
|
|
|
| RESULTADOS GRUPO 2ª |
|
| SEGUINTE XORNADA | ||
| "descansa" | PORTEÑO |
|
| "descansa" | DEP.CARBALLO |
3 | CORME | CORCOESTO | 1 |
| CORISTANCO | CORME |
2 | VIMIANZO | CORISTANCO | 2 |
| LEILOIO | VIMIANZO |
5 | CLUBE DO MAR | LEILOIO | 1 |
| SAN LORENZO | CLUBE DO MAR |
1 | MALPICA | SAN LORENZO | 2 |
| SOFAN | MALPICA |
2 | DEP.CARBALLO | SOFAN | 2 |
| CORCOESTO | PORTEÑO |
7 comentarios:
O que parecía facil, mira ti ... -3 puntos.
Ahi que adestrar polas mañás.
O que hai que ir sacandolle o polvo as botas larchán, que tas feito un larchán.
Deixa estar as botas no armario que tan ben alí. Non jodas. Tes tempo abondo.
O DOMINGO AS 12:00, que muy cedo atáscanos o frío coma en payosaco.
Traede as carteiras cheas que temos que recuperar..jejeje
saludos
Aki ainda que nos des a volta a todos non caen 50 euros que no che hay tanto empresario, je, je.
Sintoo moito e Domingo que gane o millor e todos tomar as cañas, paja o Ponteceso que para eso e un club cabaleiro
non pasa nada un dia malo teno calkera,pero o domingo ai ke empezar a luchar pola liga.bueno un saudo a todos.
Carallo po conto.............que pasou en Paiosaco?parece que pasou o AVE,unha apisonadora,joerrrr.Lopez Cao alí non ten obras,jaja.Pa semana habera que estar atentos,secadra querense desquitar,pero hasta 11 seguro que non chegan,nin de coña,jajaja.animo,pa ambolos 2,jajaja
Fichaxes de inverno xa!!A mitad da plantilla po caldo ahora que ven o antroido,pois hainos ven gordiños.
Publicar un comentario