Na primeira metade e nada mais empezar ámbolos dous equipos xogaban con moito respeto, ningún quería fallar atrás, pero pouco a pouco fómos facendo co control do partido, e así sobre do minuto 15 nunha gran asistencia de Paco a Mouzo este levanta o balón e nunha bonita bolea marca o cero a un. Resaltar que o dous cero case o pon o noso gardamallas Gerardo nun saque de porteria a portería e que por apenas uns centímetros non chega entrar. O cero dous chegaría nun gran disparo cruzado de Pelé sobre do minuto 35. O domio do balón era totalmente do Ponteceso e xa sobre do minuto 42 nunha maxistral asistecia dende o noso campo, Rama ponlle o balón nun bo desmarque do Jaucho que este controla, dribla o porteiro e anota o cero a tres.
Na segunda metade pouco que comentar, so que dispuxemos de moitas ocasións que como sempre perdoamos. O Cabaninter marcaría o seu gol sobre do minuto 31 e durante uns minutos dispuxeron de algunha que outra oportuniade para recortar mais no marcador pero que tampouco chegaría a marcar.
En canto a labor do colexiado (Gerardo) comiuse un par de penaltis que noutro tipo de partido serían determinates pero que onte por sorte non influiu no resultado. Polo demais dicir que reinou deportividade como no partido de ida.
RESULTADOS DA XORNADA
| RESULTADOS GRUPO 1ª |
|
| SEGUINTE XORNADA | ||
1 | CAMARIÑAS | BAIO | 1 |
| CORCUBION | CAMARIÑAS |
1 | CABANA | PONTECESO | 3 |
| BAIO | CABANA |
5 | BERGANTIÑOS | BERTOA | 3 |
| PONTECESO | BERGANTIÑOS |
2 | SAN ROMAN | ZAS | 3 |
| BERTOA | SAN ROMAN |
0 | XUVENTUDE | NANTON | 3 |
| ZAS | XUVENTUDE |
0 | CORCUBION | BUÑO | 1 |
| NANTON | BUÑO |
|
|
|
|
|
|
|
| RESULTADOS GRUPO 2ª |
|
| SEGUINTE XORNADA | ||
| "descansa" | DEP.CARBALLO |
|
| "descansa" | CORCOESTO |
4 | CORISTANCO | CORME | 2 |
| PORTEÑO | CORISTANCO |
3 | LEILOIO | VIMIANZO | 2 |
| CORME | LEILOIO |
2 | SAN LORENZO | CLUBE DO MAR | 2 |
| VIMIANZO | SAN LORENZO |
2 | SOFAN | MALPICA | 1 |
| CLUBE DO MAR | SOFAN |
3 | PORTEÑO | CORCOESTO | 2 |
| MALPICA | DEP.CARBALLO |
14 comentarios:
Felicitar a cada un dos compoñentes deste grupo polo compromiso que se está a demostrar, esta é a clave de que todo funcione como está a funcionar. En canto o partido de onte nas Redondas chapó a todos, alégrome que Quito volvese a reaparecer despois da grave lesión do ano pasado.
Un saudo a todos, e recordade que o domingo as 10 recibimos o todo-poderoso Bergantiños, temos que rompela mala racha dos ultimos encontros con eles.
E lojo reapareciu quito?...precisamente onte?.......uuuyyy...daquela no outro lado do rio debense sentir ben importantes
Ollo que o domingo algun ven con moitas ganas, sobre todo a un par ...
E lojo que ten Quito que non teñan os que estaban, que eu sepa marcaron os de sempre ¿Non?
O seu a seu dono, eu non vin o partido pero tendes unha plantilla mui seria e compensada e si seguides creendo podedes chegar o final con opcións xa que o Nantón ten que pinchar.
Xa paquiño comprou na de lucho unha caixa de parches.
Aquí ninguén dixo que Quito fose mais ca outros, pola miña parte so me alegrei de que voltase a xogar despois da grave lesión da tempada pasada. Neste grupo todos sumamos, dende o número 1 o 25. Se de algo estou moi orgulloso e contento de estar neste grupo precisamente é por iso, porque esto como grupo de amigos está a funcionar impresionantemente.
Xa me jode, pero NORABOA, estábades ben enchufados e colléchesnos durmindo.
Canto pajades por janarlle o San Román?....aljo teremos que sacar en limpo
Polo que me corresponde despois de escoitar algún comentario, eu son un máis, e si non puiden participar no resto dos partidos e coincidiu neste, pois ... que se lle vai facer.
Pois que non che joda Carioca, outra a de tocarnos a nos felicitarvos. Esto é o futbol, pero moi ben o detalle de felicitarnos. Un saudo e a seguir pelexando polos puntos que están moi caros.
Da gusto estar nesta liga. Vaia partidazos eses S.Roman-Ponteceso e Ponteceso-Nantón. Final trepidante.
E por abaixo criminal tamén, hasta o Cabaninter pode caer
A verdade que estase a disputar unha liga moi bonita, das mais disputadas e con moito nivel, pero o mellor de todo é a deportividade que está a haber nos campos.
Atencion ponteceso¡¡¡O Domingo igual xogades contra trece,depende do albitraxe mais o comite.AY QUE JODERSE...
a ser menosssss oohhhh ¡¡¡
Non quentedes o partido sobremaneira. No campo haberá once contra once. O Ponteceso se quere algo terá que ganarlle o Bergantiños xogue quen xogue, e polo visto últimamente está preparado pa eso. O resto é poñer a venda antes da ferida. Aquí falamos todos pero quen mais quen menos xa pasou polo vestuario do arbitro algunha ves pra borrar aljunha tarjetiña.
Aaaaa juugaaaarrrr. ¡viva a liga que da gusto vela!
Publicar un comentario