15 de enero de 2009

Preparamonos para rompelo muro....

O corpo técnico ante as novas chegadas sobre como se están a preparar os do Cabaninter toma medidas para romper o muro defensivo. Necesitamos marcar, so nos vale gañar para poder seguir os Ponis. O Cabaninter está a preparar un muro defensivo para manter a porteria a cero e como necesitamos o gol sexa como sexa a directiva ven de alugar unha pequena máquina para romper dito muro; "custe o que custe temos que derrubalo" son as palabra de Aimar..co a directiva. Mais abaixo podemos ver o xoguete alugado para tirar co muro do Cabaninter.




En canto o Cabaninter poidemos saber que o seu mister está a traballala fórmula de como entrar na nosa porteria defendida por Gerardo. Leva toda a semana estudiando o tema, e por se fora pouco o Carioca quere ser o encargado de levala a cabo. Por medio dun infiltrado nas dependencias do Cabaninter poidemos recoller unha instantánea do momento no que o Carioca lle pide a fórmula o mister.

No hay comentarios: