Xornada de TODOS CONTRA TODOS.

Se a semana pasada se xogaba algo en todos os campos, esta non vai ser menos. Vamos repasar cada encontro e asi ver o que se disputa en cada un deles.
CABANA - CAMARIÑAS
Xogan o oitavo contra noveno, a tres e dous puntos do descenso. Na ida gañaba o Cabana pola mínima (2-3). Preséntase un encontro moi igualado no que pode darse calquera resultado.
_______________________
BERGANTIÑOS - BAIO
No encontro disputado en Baio gañaba o Baio pola mínima (1-0). O Bergantiños ven de menos a mais e está a tan só a tres puntos do segundo, mentres que o Baio necesita puntuar se non se quere ver en postos de descenso, tan só o separa un punto do Zas.
_______________________
SAN ROMAN - PONTECESO
O partido da xornada, segundo contra terceiro, tan só os separa un punto. Un empate ponlle en bandexa a liga o Nantón. Comentar que este encontro disputarase en Ponteceso. Na ida firmaban un empate a dous. Preséntase un partido moi disputado no que ningún quere perder, mais agora que a parte de descolgarse da cabeza poden caer o cuarto posto.
_______________________
XUVENTUDE - BERTOA
Na ida o Bértoa gañaba facil (7-1). O Bértoa necesita puntuar, está a só tres puntos do descenso, mentres que o Xuventude xa practicamente en segunda so lle queda xogar sen presión, como dixen a semana pasada pode ser xuiz nesta liga.
_______________________
BUÑO - ZAS
Gañaba pola mínima o Buño no partido de ida (0-1). Agora xa non o ten tan claro, só os separan a tres puntos e o Zas está a facer unha segunda volta moi boa, esta semana pode sair dos postos de descenso despois de moito tempo. Partido no que calquera pode gañar, moita igualdade.
_______________________
NANTON - CORCUBION
2-3 no encontro de ida. Os dous equipos que mellor xogan o futbol desta liga, preséntase un partido bonito de cara o espectador. O Corbuión necesita puntuar, pois ainda non ten a permanencia asegurada, a 5 puntos do Zas, mentres que o Nantón pode sair con media liga se gaña e empatan San Roman-Ponteceso.
¡¡ VAIA XORNADA!!
2 comentarios:
Eu creo que e o momento de facer unha quiniela.
cabana-camariñas x
bergantiños-baio 1
xuventude-bertoa 2
buño-zas 1
nanton-cocubion 2
ponteceso-sanroman 1
A poñer 5 euros cada un.
O que acerte 6 leva o 50%
O que acerte 5 leva 0 30%
O que acerte 4 leva 0 20%
se non se acerta bote,hasta final de liga.
O que jane xa sabera o que ten que facer cos cartos...
Hala morbo pos blogs.
A quiniela gustame...sobre todo polos resultados..jajaja
A miña queda así.
CABANA-CAMARIÑAS 1
BERGANTIÑOS-BAIO X
XUVENTUDE-BERTOA 2
BUÑO-ZAS X
NANTON-CORCUBION X
PONTECESO-S.ROMAN 1
Tamén me valia esta, pero quédome ca de ratomil.
Publicar un comentario