Cada un que se agarre a donde poda.
Chegamos a unha xornada na que en cada un dos partidos todos os equipos se xogan algo. Vamos facer dende a nosa humilde opinión unha pequena análise de cada encontro.
CORCUBION-CAMARIÑAS
No encontro de ida gañaba a domicilio o Corcubión (2-3) nun partido moi disputado. Este non vai ser menos, o que mais ten que perder é o Camariñas que está a tan soo 2 puntos do descenso, mentres que o Corcubión está na zona tranquila da táboa.
________________________
BAIO-CABANA
Nas Redondas gañaba o Cabana (3-2), ningún equipo é facil. Este encontro preséntase moi igualado dado que os cabaneses teñen moitas baixas. O Cabana a 5 puntos do descenso e o Baio a 3. Partido pois importante para ámbolos dous equipos.
________________________
PONTECESO-BERGANTIÑOS
No partido disputado na "Porta Santa" o Ponteceso perdía o sou primeiro partido (1-0) nun partido moi igualado. O Bergantiños está a ser un equipo que non se lle da nada ben os da vila de Pondal. Nesta xornada o Ponteceso soo lle vale gañar si quere seguir con aspiracións o mais alto, mentres que o Bergan está a igual que o Corcubión na zona tranquila da táboa, eso si, si gaña ponse a tan soo 2 puntos do terceiro posto.
________________________
BERTOA-SAN ROMAN
Na ida gañaba o San Román por un axustado 3 a 2. Preséntase un econtro igualmente axustado, o Bértoa ven de menos a mais nas últimas xornadas, mentres que o San Román ven de perder sorprendentemente co Zas. Os dous teñen moito que perder, mentres que o San Román pelea polo título de liga o Bértoa está a tan soo tres puntos do descenso.
________________________
ZAS-XUVENTUDE
Partido entre os dous últimos na táboa. En Cances gañaba moi xustiño o Zas (2-3). Partido no que o Zas pode sair despois de moitas xornadas dos postos de descenso, mentres que o Xuventude que ten pé e medio en segunda pode ainda demostrar ese gran plantel do que dispón.
________________________
NANTON-BUÑO
Na ida asinaban un empate a uns. Partido que a pesar da diferencia na táboa preséntase moi igualado. O Buño ven de gañar en Corcubión, está a 5 puntos do descenso. O Nantón que este ano está a facer a mellor tempada non pode perder se quere seguir ca cómoda vantaxe que ten na clasificación.
** ESPEREMOS QUE A PESAR DE TANTA IGUALDADE QUE HAI NESTA LIGA, E SOBRE TODO NESTA XORNADA SIGA A DEPORTIVIDADE QUE SE ESTÁ A DEMOSTRAR ESTA TEMPADA.
2 comentarios:
Ke se prepare valdano,ya ten ken lle joda o sitio....
vaia jornadón! había que ter a multipantalla. Por certo...aló vai o soño do Kun, esa noticia debeu destrozar a vosa concentración pra mañan..jajajaja
Publicar un comentario