26 de febrero de 2009

PREVIA PENULTIMA XORNADA

Penúltima xornada de liga na que destacamos os dous CAMPIONS de 1ª e 2ª división desta tempada 2008-09 da liga da costa de veteranos cando ainda faltan duas xornadas por disputar.

Vamos coa previa desta semana na que a emoción agora céntrase nos descensos a segunda e no equipo que ascenderá xunto co Vimianzo.

_______________________

BERGANTIÑOS-CORCUBION; Encontro no que o Corbubión chégalle o empate para asegurarse matemáticamente a salvación a igual que o Bergantiños co empate asegúrase o subcampinato de Liga.

_______________________

CABANA-SAN ROMAN; Os das Revoltas necesitan gañar ou gañar, están a tan só dous puntos do descenso, mentras que o San Román pelexa por quedar o mellor clasificado posible.

_______________________

CAMARIÑAS-XUVENTUDE; Aqui xoga un dos xuices dos descensos como está a ser o Xuventude. Están a facer un final de campaña bo no que van decidir cos seus resultados parte dos descensos. O Camariñas é outro dos equipos metidos no lio do descenso, tan só os separa un punto do descenso.

_______________________

PONTECESO-NANTON; Partido de puro trámite en Can´Pinguel. O Ponteceso recibe os campións da Liga que tan só lles queda mellorar os números que xa teñen feitos. Partido pois no que cada equipo so busca sumar e mellorar as súas estadísticas.

_______________________

BUÑO-BAIO; Un dos partidos da xornada. Os baieses necesitan os tres puntos para poder sair dos postos de descenso, diante teñen a un Buño que está a facer unha segunda volta moi boa na que incluso poden escalar o cuarto posto da clasificacion.

_______________________

BERTOA-ZAS; Destacar o partido aprazado que ten que xogar o sábado pola tarde co Xuventude para logo en menos de 24 horas recibir a todo un Zas que tamen se xoga parte da tempada. Están os dous a un e dous puntos do descenso. O Zas está a mostrarse moi forte neste último tramo de liga, mentras o Bértoa está a causar as baixas.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

hola blogueros unhas preguntas pa todos ¿ken vos parec que vai descender? ¿ken vai ascender? ¿cal fui o mellor arbitro? contestade gracias

Anónimo dijo...

e dificil de decir quen sube e quen descende esta todo mui igualado e creo que os equipos que non se xogan nada non van deixarse gañar asi como asi (como ten que ser)en primeira acompañando o cances creo que o que mas dificil o ten e o baio pero todo pode pasar e en segunda o club de mar teno dificil aunque vaia segundo por que domingo visita vimianzo vamos que vai estar todo emocionante tanto en primeira como en segunda habera maletins? jajajaj suerte pa todos

ratomil dijo...

Quiniela.Visto o rendimento dos ultimos encontros.
ponteceso-nanton 2
ponteceso-penouqueira 2
ponteceso-bugalleira 2
ponteceso-inserso 2
ponteceso-tella,prebenjamin2

M@rko dijo...

Como seguidor desta liga a verdade que o tema do segundo equipo candidato o descenso está moi dificil. Calquera equipo dos involucrados pode descender, esto do futbol todos sabemos como é. O que si penso que esta xornada vai decidir mais o tema. En canto o do millor árbitro vou ser sincero e dos que este ano nos arbitraron non teño ningun por quen votar. Todos os anos destacaba algún (Pombo, Isidro,..) pero este ano para min baixou o nivel da arbitraxe.

Agora sr. ratomil a miña quiniela, que a tua xa vexo que é moi optimista...jajaja
PONTECESO-NANTON 1
CABANA-SAN ROMAN 1
BERGANTIÑOS-CORCUBION X
BAIO-BUÑO 1
BERTOA-ZAS X
CAMARIÑAS-XUVENTUDE 1

Pleno o quince;
XUVENTUDE-BERTOA 2

Anónimo dijo...

Ratomil, non sexas tan pesimista que tamén choveu 4 meses e agora quenta de Carallo.
Enerxia positiva, foder ben e aljunha cerveciña.

ratomil dijo...

Enerxia positiva siempre ummmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm.
Xa firmei dous anos mais con estrella galicia.
En canto o de foder,aceptanse propostas,estou libre de oito a ocho.

CARIOCA dijo...

Os das Revoltaas?....seran os das Redondas ooohhh!!!....ou falabas da Revoltosa?...aaay, con tintorroooo

Anónimo dijo...

Ai Carioca Carioca, canto antes saca un a ligua a pacer antes a mete no pastor eleutrico.
Mira no bloj do Cances que lle chamaches o voso campo as "redonas".
Non será que alí en ves de donas hainas redonas ¿Non?
P.D. Sacarás unha foto do banquillo este domingo que fai tempo que non sacas nada.

Anónimo dijo...

será por fotos, ten mais fotos o carioca que ramiro.. e non te metas cas donas, deixas tranquiliñas oh

CARIOCA dijo...

no do Cances non fui oh, que fui no dos Ponis.
Dime desde que lado queres a foto que sejuro que a teño.
E vamos dahí que hai que jardar repouso.

Anónimo dijo...

pra o descenso a cousa esta mais liada cun prato de espajetis, e en canto ao do mellor arbitro a min o que mais me gustou foi Jose Antonio, mais que nada porque pita o que ve e non se deixa avasallar por ninguen.