27 de marzo de 2009

Previa Liguilla Copa

3ª xornada GRUPO C

Xornada na que destacamos o encontro Nantón-San Román. Contan os partidos por vitorias. O Nantón con uns números que asustan (14 goles a favor en dous partidos) parece que segue en gran forma como leva demostrado toda a tempada e o San Román que ven de gañar o Ponteceso nun encontro moi disputado como era de agardar tamen leva moi boa racha, 7 goles nos dous encontros. De seguro que nos van ofrecer un encontro moi disputado.




NANTON - SAN ROMAN
Pulso polo primerio posto.


Nos outros encontros o Ponteceso visita ao Malpica. O Ponteceso con 3 de 6 puntos posibles non pode pinchar se quere seguir na loita por un dos dous postos que dan acceso a seguinte fase. O Malpica un equipo en horas baixas ainda non coñece a vitoria, pero no futbol xa sabemos que a sorpresa salta cando menos se espera.

O Cabaninter despois de sufrir a goleada da xornada pasada visita ao Coristanco nun encontro no que só lles vale gañar ou gañar. O Coristanco un equipo que estibo pelexando polos postos de ascenso esta tempada de seguro que llo vai por dificil.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

No hay comentarios: