5 de marzo de 2009

PREVIA ULTIMA XORNADA DE LIGA

Chegamos a última xornada de Liga na que tan só queda por saber quen será o equipo que acompañe o Xuventude a segunda división. Ata catro equipos implicados no posto (Zas-Baio-Camariñas-Bertoa), polo demais xa todo está decidido.

Quen será o que caia esta xornada??

Os partidos pois nos que se xoga o descenso son os que vamos recalcar e facemos unha pequena analise de como chegan a esta última xornada.
_________________
ZAS-PONTECESO
No encontro disputado no Pinguel gañaba contundentemente os pontecesáns por 5-2, cabe destacar que o Zas por aquelas datas andaba mal de efectivos e nada ten que ver co da segunda volta, non depende del mesmo, só lle queda gañar e esperar un pinchazo dos de arriba. En canto o Ponteceso co cuarto posto asegurado só lle queda loitar polo terceiro posto xa que se enfrentan terceiro contra segundo(San Román-Bergantiños).
_________________
NANTON-BAIO
O campión de Liga só lle queda disfrutar do momento, aquí quen ten que sair por todas e non esperar polo pinchazo do Zas é o Baio. No encontro de ida gañaba o Nantón (1-4), pero agora que para o Baio é unha final e a relaxación do Nantón que non se xoga nada poden cambiar os papeles.
_________________
BUÑO-CAMARIÑAS
Na ida o Camariñas gañaba 3-0 ante un Buño descoñecido. O Camariñas chégalle o empate para salvar a categoría, pero todos sabemos que é un equipo dos mais peleóns da categoría e que sempre salen a gañar. O Buño pola súa parte ten os deberes feitos e só lle queda disfrutar dos últimos minutos da tempada e xogar sen ningún tipo de presión.
_________________
CORCUBIÓN-BÉRTOA
Levábase o Corcubión os tres puntos no encontro de ida(1-2). Un encontro moi igualado no que o Bértoa o igual que o Camariñas lle vale o empate. O Bértoa parece estar forte despois de endosarlle un 4-1 o Zas a xornada pasada, mentras que o Corcubión só lle queda loitar polo quinto posto.
* * * *
DENDE AQUI DESEXARLLE A SORTE A TODOS ESTES EQUIPOS IMPLICADOS NO DESCENSO, E PEDIR QUE NON SE ESTROPEE A DEPORTIVIDADE DESTE ANO NA ÚLTIMA XORNADA. SORTE A TODOS ¡¡

No hay comentarios: