22 de abril de 2009

COPA - 6ª xornada GRUPO C

VOLVE O ...
Domingo 26 volve o esperado "FABADA MECANICA - CABANINTER".
Os cabaneses que parecen andar en horas baixas, pois ainda non puntuaron nesta liguilla, visitan "Can Pinguel" dispostos a sacar alí os primeiros puntos e así sacarlle as opcións de clasificación os da vila de Pondal que necesitan gañar ou gañar.
No encontro de ida gañaba a domicilio a "Fabada" nun encontro que calquera dos dous puido levarse os tres puntos. Para este econtro de volta espérase outro partido moi igualado pois as duas plantillas contan con numerosas baixas.
A Fabada con baixas por lesións está a traballar na recuperación de algúns xogadores a ver se chegan en condicións a esta xornada. Por parte do Cabaninter parece que tamén andan moi xustos de efectivos polo que mais igual non pode ser.
¿PONTECESO -- CABANA??
Os outros dous econtros deste grupo son CORISTANCO-NANTON e SAN ROMAN-MALPICA. Non podemos descartar os coristanqueses desta loita polo segundo posto con acceso a cuartos, de seguro lle vai dar moito que facer os Ponys. O Malpica que ven de gañar os primeiros puntos e de case dar a sorpresa ante o Nantón seguro que lle vai dar que facer os "azules".

6 comentarios:

neaño boys dijo...

Empeza a remontada o domingo,vamos comer fabada.......ummmmmmmmmm.

ratomil dijo...

Unha pregunta,ante as innumerables baixas?,hai que xogar ca cantimplora o lombo?,difusores nobos nas camisetas pa agarrarse mellor o campo?,se non hai xente abondo,xogalo o tute no paris?

SUSOXXL dijo...

Desde Bergan. Santiago ,que disfrutedes do apasionante partido do domingo .
Sorte para os dous(teño amigos nos dous bandos)

P.M.T. dijo...

Se vemos que tal, pois facemos un como os profesionais, futebol indoor...jejeje

AUPA FABADAAAAAA ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Estes Do Bergan de Santiago que quedabens son , non coma os outros que sempre estan no ollo do huracan.pepin

Zurditadeoro dijo...

amigos meus, chegou a vendetta!! Mañan o kun e o carioca van facer estragos no Pinguel.....secadra
jajaja
sorte os dous