18 de mayo de 2009

CORISTANCO - PONTECESO ( 2-1 )

Penúltimo encontro da tempada no que xa todo vale con tal de disfrutar do que queda. A falta de ambición por non xogarse nada fixo que perdéramos o encontro. Na primeira metade non fixemos nada de nada, serían eles sobre o minuto 22 quen se porían por diante no marcador e con ese resultado de 1-0 chegamos o descanso. No vestiario o mister explicou a tactica a seguir e case conseguimos remontar o econtro, pero tanto se liou que confundiu os xogadores que non se aclaraban con tanta liña (abaixo podemos ver a encrucillada do mister,  ...) vaia lio ¡¡


Na segunda metade os primeiros 25 minutos dispuxemos de unha ocasión tras outra pero en ningunha conseguíamos o empate. De novo o Coristanco no minuto 63 despois dun fallo  noso poñian o 2-0 no marcador.  Seguimos loitando per sería xa no minuto 88 por medio de Cros cando chegaba o 2-1 que xa sería o resultado final. Destacar o gol deCros que seguro para el é moi importante, dado que despois dunha grave lesión reapareciu xa pasada a metade desta tempada. 


A emoción deste grupo que está na loita polo primeiro posto para evitar o cruce co Bergantiños chega ata a última xornada. O Nantón necesita gañar, dependen de eles mesmos, mentres que o San Román ten que gañar e esperar que o Nanton perda ou empate, so lles valeria o empate no caso que o Nantón perdera. Emoción pois ata o final. 

RESULTADOS DA XORNADA

7 comentarios:

M@rko dijo...

Quero dar as gracias o grupo de Coristanto de Veteranos polo detalle de compartir o final do encontro ali todos uns pinchos. Asi é como deberia ser todos os domingos. Tomemos nota, e digo tomemos non interprete ninguén mal.

MARQUEZ dijo...

E logo por que falan de evitar o Bergantiños?Acaso son invencibles?Ata dagora tamen non tiveron moito quen fixera frente(na copa)pero tampouco é pa terlles medo,digo eu.A verdade é que ten bó equipo pero pode perder con calquera dos que pasen,¿ou non?.Levan unha segunda volta da liga e unha copa impresionante,pero ainda perde o Barça,asi que......a por eleeeeeeeeeeessssss

J.aficionado dijo...

Enhorabuena al Coristanco,que dicho sea de paso, no es la primera vez que sucede eso en su campo.(Lo mismo puedo decir del Camariñas y del San Román en temporadas pasadas).Asi deberian hacer los demás eqipos,poner mas empeño en jugar para divertirse un rato,tomar unos pinchos y unas cañas de cerveza,y no en tratar de ganar como sea,creo que hay demasiada competitividad a estas alturas,(edad,titulos,etc)A seguir con esa iniciativa,seguro que el buen rollo del que todos hacen gala,haciendo esto,sí se demostraria.Que cunda el ejemplo,y ánimo,que ya queda menos

Anónimo dijo...

AS BOAS INTENCIONS SEMPRE SON LOABLES E COMPETIR NO TERREO DE XOGO TAMEN,PERO O TRISTE E A XENTE QUE NON CONTENTA CAS COUSAS E OS ACALORAMIENTOS DO CAMPO AINDA OS PROLONGA NOS BLOGS

Anónimo dijo...

o bergan pode perder tranquilamente con calquera dos que pase pero e o mellor equipo da competicion

Anónimo dijo...

Eu penso que o Nanton e o bergan son os mais potentes, pero a copa e a copa e empeza dentro de 15 dias.A dous partidos xa veremos o que pasa, de saida xuventud campeon.Pepin liria

Faubert dijo...

Esta copa non e copa nin farrapos de jaita. Bastantes equipos xa fai xornadas que piden o final a berros. Este formato favorece os mellores e elimina o factor sorpresa, que e o mellor da copa