PONTECESO - MALPICA (5-3)
Goles; Carliños (3) - Pelé - Paco
Último econtro da tempada no Pinguel. Recibimos a todo un equipo de veteranos como é o Malpica. Foi un encontro no que intentamos disfrutar do fútbol. Ámbolos dous equipos ofreceron un bonito encontro de futebol con moitos goles como no partido de ida. Destacar o "jake-trike" do noso pupilo Carlinhos como tamén os dous goles que nos fixo Richard que parece que nos ten collido a man, sete goles nos metiu nos dous encontros. Polo demais un partido moi deportivo no que se notaba que ningún dos dous se xogaba nada.
En canto os outros resultados destacar a victoria dos "Azules" ante o Nantón que así se poñen a puntos iguais e que a falta de duas xornadas se xogan o primeiro posto por evitar o cruce co Bergantiños. No outro encontro, Cabana-Coristanco, os homes de Carlos Alloti gañaron por 5-3 e así ascenden un posto na clasificación.
RESULTADOS E SEGUINTE XORNADA
11 comentarios:
Resultado inxusto pra o Nanton, que mereceu mais senon fora polo erro do penalti e as magnificas paradas de Cotelo ( EXCELENTE DEPORTISTA e bo porteiro), de todo los xeitos o Campeon foi moi superior e eso que xogou o sabado.P.l.
Nada que ver o fútbol do Nantón co do San Román.
o que é unha vergonza e que hay equipos? que semana a semana non teñan xogadores, dixeromme que o campeon do ano pasado presentouse con seis en Camariñas...eso merece sancions para os tres posto que puseron hasta un resultado ficticio... de coña, e logo andamos a meternos co s arbitros e co comité.farruco
Pero esto non é o blog do Ponteceso?
pois pro ano entran mais equipos polo visto, e algún coma o caso do cerqueda vaise nutrir de outros equipos coma o malpica, con lo cual haberá os mismos xogadores pero mais repartidos en equipos, osea, cada vez peor. E algúns ainda loitan por estirar a competición con copas coma a de este ano. despois pasa coma este fin de semana que nanton e cabana tuveron que xogar dous partidos en 24 horas.
mal imos.
O loro que algun de aquí tamén mira pa Cerqueda
Suponse que o equipo que se forma e porque ten xente abondo,o que lle pareza larga esta liga non sei porque e,a xente vai os partidos cando lle peta,con lo cual tampouco e que haxa que estar atados todolos domingos.
o que non se entende e que os equipos presenten 24 fichas e nalgúns partidos haxa 9 ou 10 xogadores. Sobre todo cando os equipos van perdendo opcións. Non se trata de estar atado, trátase de respetar en certa medida un compromiso con unha actividade a que un se apunta voluntariamente. Cando se deixa os compañeiros en cuadro fáiselle unha putada.
Por exemplo os que veñen solo para xogar contra certos equipos.
hsfdkhjsadlhi
Xa,pero eso non e un problema de que haxa mais ou menos equipos na liga,e un problema da xente,non confundamos.
correcto, pero cantos mais equipo, mais partidos, e mais idas e voltas de fichajes.....e todo eso. Pero tes razón, o final o que quere quere e o que non quere non quere. foi sempre así.
Publicar un comentario