Aqui deixamos esta entrada para que opinedes sobre cales son para vos os favoritos nesta eliminatoria de cuartos. Este vindeiro domingo xa podemos ver os partidos con ese aliciente dos goles fora da casa, o equipo local non recibir gol, bueno todo eso que ten o disputar unha eliminatoria a caida. COMENZA A COPA ¡¡
SAN LORENZO - BUÑO
Preséntase un encontro moi igualado, ámbolos dous equipos veñen de clasificarse en grupos moi disputados ata a última xornada, polo que non chegaron aquí de rebote. O San Lorenzo que este ano organiza a gran Final deseguro que quere estar alí mais que organizandoa. O Buño un equipo que ven de menos a mais.
XUVENTUDE - CORCUBION
Aqui está o equipo revelación de Copa. Este descoñecido Xuventude que nada ten que ver co da Liga. Chega como primeiro de grupo sen coñecer a derrota polo que o Corcubión non o vai ter nada facil.
NANTON - DEP. CARBALLO
A priori o partido no que podemos apostar por un dos favoritos a Copa. O Nantón, campión de Liga en primeira con unha temporada impresionante. Dificil oso para os homes do Deportivo Carballo pero que ainda así a Copa é a Copa e nada é imposible, as sorpresas saltan donde menos se espera.
BERGANTIÑOS - SAN ROMAN
O partido estrela de cuartos. Dous equipos dos mellores do campionato frente a frente, dous estilos de xogo moi diferentes e que deseguro nos van ofrecer unha eliminatoria do mais interesante. O Bergantiños ven de clasificarse sin ningún tipo de problema, unha arma de dobre fio pois chegan sen competir mentres que o San Román clasificase no cha chamado "grupo da morte".
¡¡ Sorte a todos !!
5 comentarios:
ehhh que carallo pasa por aquiii ¡¡¡
morriu aljen ou queeee???
Boas cronicas estou de acuerdo co partido do domingo AZULES - ROJOS
eses se son os que eu penso,xogan o Sabado as 6 da tarde.Polo menos a ver se imos ver un bó partidiño,e que gañe o mellor,que sera............
vexo o bergantiños moi forte,penso que e favorito pra gañar a copa pero tera que demostralo no campo
Eu como xa comentei noutro blog se non se cruzan en semifinais NANTON-BERGANTIÑOS son os meus favoritos, en canto a equipo e futbol que practican, pero como tamen dixen a Copa é a Copa e as sorpresas sempre están presentes.
mirade ben a fecha do torneo da amistade que igual nos coincide coa gira por asia (asia vimianso, asia lase, asia masaricos......)
e coidado cos cambios: ¡a parrilla nin lle tocar!...ta ben onde está. E o barman no cambiedes tampouco, aínda teño grabada esa imaxe de "Valdanito" Casti co mandil. jaja
Publicar un comentario