15 de mayo de 2009

¡¡ ULTIMA HORA !!


Reunión de urxencia co "bufete" de avojados do clube.

Despois da tentativa de cobrar o impago do traspaso por medio do cobrador do frac, e non ser efectivo, a cúpula do Ponteceso reuníuse de urxencia esta mañá cos avojados do clube para demandar o Cabaninter. O Sr. Gerardoni o sair da reunión comentounos "Agora mesmo se poñen os avojados a traballar no asunto, non lle imos perdoar  a deuda, como tamén  imos pedir unha indemnización pola imaxe do clube nunha trama na que nada temos que ver. O Cabaninter vai ter que responder ante os tribunais, o caso Penambucano só é unha trama da directiva cabanesa para manchar a nosa imaxe, vailles sair caro...."


Tamen chegou a esta redaccion unha imaxe do avojado do Cabaninter despois de sair dunha reunion cos directivos cabaneses, na que  o home parecia que non estaba moi animado polo frejado no que están metidos.


Outro que parece que lle está a pasar factura todo este lío e o directivo máis coñecido do clube, o Sr. Carioca. Como podemos ver na imaxe parece que dalgunha forma intenta olvidar o asunto.


O que presumía un final de temporada tranquila parece que leva camiño dos tribunais de Xustiza Cordinaira. Dous dos mais laureados clubes da Costa metidos nun frejado que deseguro o que consiguen é manchar as suas imaxes.  Como rematará o conto dos kilometros??  Quen nos está a mentir, Cabaninter ou os pontecesáns??  Canto é a débeda??.....moitas preguntas ainda están no aire.  Seguimos investigando o que seguro vai ser mais noticia que a final de Copa.

No hay comentarios: