FINAL COPA DA COSTA VETERANOS
NANTON 4 - BERGANTIÑOS 0
O Nantón redondeou a tempada
Campiós de Liga e Copa
Na mañá de hoxe, parte dos compoñentes dos Veteranos de Ponteceso desprazámonos a Verdillo a ver a final de Copa entre NANTON e BERGANTIÑOS . En primeiro lugar temos que felicitar a gran organización do San Lorenzo, que na miña opinión estubo a altura de tal acontecemento como era de agardar.
O encontro comezou co control por parte do Bergantiños pero que apenas durou 15 minutos, despois dos cales chegaría o mellor Nantón e a base de contras ben armadas irían o descanso co xa contundente resultado de 3-0.
Na segunda metade o Bergantiños arriscou e adiantou o equipo para intentar recortar diferencias no marcador, e así, nunha contra, chegaría o cuarto gol doNantón que sentenciaba a final.
A destacar a labor do colexiado Iván que controlou o encontro en todo momento, ainda que tamén temos que destacar a deportividade que reinou durante todo o encontro poñéndolle así a labor mais facil.
O remate dos noventa minutos o San Lorenzo fixo entrega duns recordos a todos os que foron presidentes da entidade. Deseguido o Comité entregou os respetivos trofeos da presente campaña; Trofeo a Deportividade desta tempada recaíu no CORME, o trofeo PLACASA ao máximo goleador no xogador GONZALO do Sp. Bértoa, e os títulos de Campeóns e Subcampeóns tanto de Liga como de Copa NANTON e BERGANTIÑOS respectivamente.
AGORA A DISFRUTAR DO VERÁN E IR RECARGANDO AS PILAS PARA PRÓXIMA TEMPORADA.
¡¡¡ QUE PASEDES UN BO VERÁN !!
4 comentarios:
Os que dudaban do campo, a callar.... E a pedila o proximo ano a ver se son capaces de organizalo asi de ben. Noraboa a xente do San Lorenzo.
Eu non dudo e de calar nada sigo decindo o mesmo hay moitos mellores campos pra disputar unha final o colmo e que un non poida dar a sua opinion
O do barsa estaba ocupado,e o do madrid estan co tema da presentacion de ronaldo.
Eu reitérome nas miñas palabras e sigo dicindo que o terreo de xogo estaba en moi boas condicións para xogar, e, en canto a organización nada que dicir mais que todo estaba moi ben, bo ambiente, dous sorteos, churrasco gratis para todo mundo...eu non sei que mais queredes.
CHAPOOOO ...SAN LORENZO
Publicar un comentario