28 de septiembre de 2009

MOI DIFICIL ¡¡¡


Segunda xornada de Liga e primeiros tres puntos da tempada. Desprazámonos a un dos campos no que sempre nos custa moito xogar. O Clube do Mar é un equipo moi rocoso, peleón e que dende o primeiro ata o último minuto non dan nunca o partido por perdido.
A primeira metade foi moi igualada e con ocasións para ámbolos dous conxuntos, o marcador non se movería do 0-0 inicial. Xa na segunda metade con un ritmo mais forte empezamos a xogar mellor a base de boas combinacións entre liñas, así no minuto 62 Alfonso anotaba o cero a un de penalti. O Clube do Mar empezou a meter balóns en largo intentando buscar as espaldas da nosa defensa e asi dispuxeron de algunha ocasión que non lograron materializar. No minuto 77 despois dunha gran combinación no medio do campo, con un bon desmarque de RAMA e que definia picándolle o balón o porteiro local chegaba o definitivo 2-0. Como di o titular un "Campo moi Dificil" do que seguro poucos puntos se van escapar esta tempada.

(+)O MELLOR; O GOL de Rama. Un gol de primeira, tanto polo seu desmarque como a definición.

(-) O PEOR; O OLVIDO do termo de café (despiste de.... ou de..... non sei quen é o culpable pero haber se non se repite)

En canto os outros resultados, moitas sorpresas, o empate do Bergantiños en Baio, a goleada a domicilio do Cabaninter en Camariñas (0-4), a recuperación do Nanton que lle edosou o Vimianzo un 3-6, o empate sen goles do Bertoa-San Roman e como non a victoria do Xuventude sobre o Corcubion (3-2). Unha xornada pois con moitos goles.
Esto ainda acaba de comenzar pero polo que podemos empezar a ver as victorias cada vez véndense mais caras. Na seguinte xornada recibimos o Zas que ven de endosarlle un contundente 4-1 o Buño.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Bueno...veo que esto ultimamente esta muy apagado, será la falta del cafe??, pues a ver si pal proximo partido no se olvida y todo va volviendo a la normalidad