17 de septiembre de 2009

UN DIA PARA LEMBRAR ¡¡

Un domingo para non esquecer... no que un grupo de amigos a pesar de todas as "rivalidades" deportivas demostran que por riba de todo están os sentimentos e a amizade. Como podemos ver na foto todos xuntos,Cabana e Ponteceso, rendimos homenaxe a persoa de CHICHO.

Foi un encontro no que o Cabana tiña case dous equipos e no que houbo duas partes, unha para cada equipo. Na primeira metade nos gañamos en posesion de balon e ocasións, e na segunda co 1-2 no marcador o Cabana sacou toda súa artilleria (Lilo, Mino, Kun, Kaka,...) e con moita entrega e gañas lograron o empate que xa sería o resultado final de 2-2. Como non podía ser menos os dous equipos xa antes de rematar o encontro e sen importar o resultado decidimos que este primeiro trofeo fora para familia de Chicho.

Felicitar o Cabana que unha vez mais demostraron que organizando calquer tipo de eventos hai poucos como eles. Un día para lembrar ¡¡

2 comentarios:

Vinte renqueante dijo...

non me cabía dúbida da valía de persoas cómo hai nestos dous equipos. o saber estar dónde se demostra é en ocasións como ésta. enhoraboa a todos, Marco.

M@rko dijo...

Gracias polo que nos corresponde pero as felicitacións neste caso son po Cabaninter. A verdade que un día como o do domingo pon os pelos de punta a calquera que teña o mais mínimo de corazón. Foi algo que hai que estar alí e vivilo.

Un saudo.