PONTECESO - ZAS (2-2)
Domingo pasado por auga no Pinguel. Recibimos a un Zas que ven de gañar por un contundente 4-1 o Buño. Empezamos moi descentrados e así no minuto 15 xa íamos perdendo por 0-1, resultado este inamomible na primeira metade, pois non creamos perigo algún sobre a porteria do Zas. Xa na segunda metade con un pouco mais de gañas e entrega empatábamos o encontro no minuto 77 por medio de Cros despois dun gran desmarque por velocidade e con gran culminación con golazo de vaselina. O empate sabía a pouco e seguimos achicando espacios e encerrando o Zas no seu campo. No minuto 88 penalti sobre Susinho Jaucho que lanzaba maxistralmente Alfonso, 2-1. O sorprendente para min son os 5 minutos de desconto nun partido que non houbo nada de nada e mais un colexiado que nunca descontou nin un so minuto, e así nun mais que dudoso fora de xogo e minuto 95 o Zas empataba o encontro.
(+)O MELLOR; O detalle deste gran grupo de amigos ao noso compañeiro CHEMA e a que vai ser a súa dona, EVA. O vindeiro sábado pasan a mellor vida, FELICIADADES¡¡¡
(-)O PEOR; OS dous puntos que se nos escaparon co partido mais que gañado.
Agora aqui vos deixamos unhas instantáneas xa co encontro rematado no que todos felicitamos e desexamos toda a Felicidade do mundo a esta gran parella... EVA & CHEMA.
Esta xa era a condición para poder xogar nos Veteranos.
FOTO DO GRUPO COS NOIVOS.
¡¡¡¡ FELICIDADES !!!!
6 comentarios:
eso de pasar a mellor vida...............¿tan mal lle queredes?FELICIDADES A PAREXA
Todo o mal que nos lle queremos que sexa o que encontren... o de "pasar a mellor vida" claro que é asi, ou non? senon non o farian...ainda tan a tempo....jajajajajaj
Un saudo para parexa...que disfruten dese día tan bonito sen dicir da no....
FELICIDADES ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
A la novia la veo ya muy integrada en el equipo....pantalon azul y camiseta blanca...muy a juego con el resto, me parece que la cosa funcionará, jajaja MUCHAS FELICIDADES
Ostrasss¡¡¡ que observador.... ni me habia fijado...jejejejeje
que bonito detalle...demostrastes ser uns compañeiros 10 seguide asi!!gracias e a x todas tio chema...
a sobriña jaja
saudilos!
Publicar un comentario