Encontro o de este domingo ao que chegamos plagados de baixas, ainda que esta non foi escusa para perder pois fixemos un dos mellores encontros do que levamos de tempada. Tan so os 20 primeiros minutos do encontro foron do Cances, a partires de ahi o dominio e as innumerables ocasións foron todas do mesmo lado, fallamos o indecible. O primero gol como non podia ser menos caiunos no minuto 16 despois dun gran lanzamento a cepa do poste, con este resultado fomos o descanso. Na segunda metade no mesmo minuto no que recibiramos o gol logramos o empate despois dunha desafortunada pérdida de balon do porteiro local que aprobeitaba Pelé. Pouco nos durou a alegria, pois os dous minutos encaixamos o que sería o definivo 2-1. Pelexamos o imposible e dispuxemos de mais ocasións pero non foi o día de cara o gol.
(+) O MELLOR; O gran partido de futbol que fixemos no Vinculeiro Stadium, con tan so dous cambios o mellor encontro ata o momento da tempada.
(-) O PEOR; O resultado a pesares do gran encontro que se fixo. Inxusto o que alí se viu.
O igual que a xornada anterior teño que recalcar o tema dos tempos dos encontros. Na primeira metade pita o final con 43:40 e na segunda despois de facernos ver que paraba o tempo cando o balón saía fora non descontou nin un so minuto. Como lle dixen ali mesmo (falo en primeira persoa) os demais tamen levamos o tempo, que non nos vacilen nese aspecto. Ahí queda...¡¡¡
En canto os outros resultados o Nantón golea a domicilio ao Bértoa con un 0-5 a igual que o Bergantiños o Clube do Mar. O Cabaninter fixo media ducia en Vimianzo, parece que esa gran dianteira da que dispon está comenzando a funcionar.
Para xornada que ven, recibimos o Corcubión, equipo este que ven de endosarlle nin mais nin menos que un oito a cero ao Buño. Parece que esta tempada como xa adiantaron os amigos do Cabaninter vai ser un equipo a ter en conta.
6 comentarios:
non vos pasedes co Buño so eran nove
Creo que en ningun momento me metin co Buño, so me refiro que recibimos o Corcubion que ven de meterlle 8, pero eu non dispoño de informacion de si eran 9 ou 18..non o sei, so me refiro o equipo do Corcubion que xa gañou en Cabana, e os amigos do Cabaninter tamen avisan que é un equipo a ter en conta esta tempada.
Se alguen do Buño se sente ofendido sinto pero non era miña intencion.
Non vos enfadedes, pero como escribin no blog do cances, sinceramente creo que sodes algo partidistas nas vosas crónicas. Nunca merecedes perder, e eu non acabo de creelo. O Cances ten un bo equipo e os ultimos resultados asi o demostran. Ganoulle o Corcubion e a vos e empatou en Buño e en Cabana.Ainda non perdiu e eso que tivo un duro calendario. Algo debe ter.
É unha opinión, non a tomedes a mal, o fin e o cabo son asiduo dos blogs e encántame dispor de tanta información da liga e creo que bo traballo vos debe dar.
Sorte na tempada. Saudos
Aqui non se enfada ninguén con comentarios como o teu. Pero en canto a este se tamen podeches leer o do Cances e mesmo alí falando co seu reporteiro recoñeciu o gran partido que fixemos.
Ademais se non defendo aos meus a quen vou defender...jejeje
Un saudo Sr. Garcia.
Esto non acaba mais que empezar e o tempo xa poñerá a cada un no seu sitio. Tendes unha gran plantilla e as cousas non son como empezan senon como acaban. Suerte.
marko leva razón. Este blog defende o ponteceso, coma o As o madrid ou o sport o barsa. e normal, solo faltaria que o medio de comunicacion do club falara mal do equipo. jejeje
saludos,sorte
Publicar un comentario