29 de noviembre de 2009

Efectivos moi xustos pero super traballadores ¡¡¡

CAMARIÑAS - PONTECESO (1-2)
Goles ; Pelé e Mouzo


Encontro moi frio en Camariñas, con granizada incluida. Chegamos moi xustos de efectivos, tan so un cambio. Foron duas partes moi distintas, na primeira metade dominamos o encontro e o Camariñas apenas inquedou a nosa porteria. O primeiro gol foi de lanzamento de falta, Pelé minuto 28, e tan so dez minutos despois sería Mouzo o que poría o cero a dous, e con este marcador irímaos o descanso. Na segunda metade sufrimos moito, o Camariñas recortaba distancias no marcador no minuto 65 e pouco a pouco nos foron metendo no noso campo e asi no minuto 75 dispoñen dun penalti para empatar o encontro,pero Gerardo acerta co lanzamento impedindo asi o empate. Pudemos sentenciar nunha contra de José María pero que tamen o porteiro local estibo acertado, e de ahí o final o Camariñas intentouno e nos sufrimos para acadar esta victoria que tanto necesitabamos.

O vindeiro domingo recibimos o Vimianzo que ven de afundir un pouco mais o Buño. Estamos empatados a puntos polo que será un econtro importante para ámbolos conxuntos para conseguir sair dos postos baixos da clasificación.