"SANGRE, SUDOR Y LAGRIMAS"... asi podiamos titular o encontro de este domingo, e senón mirade como quedou a "cachola" de un dos nosos compañeiros despois de celebrar o gol co banquillo.
Un partido de infarto no que se alguén fixo méritos para gañar foi o Bertoa. Na primeira metade cero cero, pero poidemos ir con seis ou sete goles ao lombo. Fallaron o indecible, ata dez ocasións claras de gol contamos nesta primeira metade. Na segunda metade como eles non eran capaces de marcar fomos nos os que marcamos en propia meta, poñendo así o 1-0 no minuto 28. Pero por sorte pronto empataríamos con gol de Carlinhos no minuto 35. A partires de ahí o Bertoa baixou os brazos e logramos remontar con doblete de Pichuco. No minuto 47 Gerardo paraba un penalti, e así demostraba mais a mala racha que están pasar os compañeiros do Bertoa. Como dixen o principio o futbol que noutros encontros foi inxusto con nos, esta vez estibo do noso lado.
En canto os outros resultados, INCRIBLE XORNADA, o 6-2 que encaixou o Nantón en Camariñas, o 1-0 de Vimianzo sobre o lider Bergan, o empate de San Roman en Baio e a derrota do Cabana co Xuventude, xornada pois propicia para o Corcubion que se cola ahí arriba e para nos que descolgamos un pouco mais as pantasmas do descenso.
Pedir perdon pola tardanza en actualizar o blog, pero como xa teño comentado ultimamente teño pouco tempo.
POIS ATA O ANO QUE VEN, FELICES FESTAS E PROSPERO ANINOVO ¡¡¡¡
24 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Recordar os interesados que este xoves imos facer unha mini-pachanga de 5 a 6.30 da tarde para logo tomar unha copiña de champan a modo despedida do ano.
Publicar un comentario