Como se os tres Reis Magos foran aquí podemos velos facendose con un anaco da peza mais cotizada na mañá de hoxe, a MANTA. Ainda que non menos os tres litros de café que se tomaron. Pois así co café e manta soportamos esta fría mañá de domingo na que voltou o futebol.
Recibimos o Clube do Mar, equipo este que nosfixo menos resistencia da que agardávamos. Non foi nin moito menos o equipo da primeira volta. Ainda que na primeira metade aguantaron ben e tan so fomos con 2-1 ao descanso logo na seguna metade baixaron moito fisicamente e gañamos por 7 a 2, e que ben poideron ser mais se aproveitasemos as ocasións tan claras das que dispuxemos.
Os goles;
1-0 Pelé (23´), 2-1 anotarian en propia porta nun saque de esquina efectuado por Carlinhos (40´), 3-1 Mouzo (58´), 4-2 Cros (78´), 5-2 Pichuco (81´), 6-2 Cros (84´) e o definitivo 7-2 Carlinhos (87´).
En canto os outros resultados destacar un novo empate do Bergantiños co Baio, e así coa victoria do San Román poñense a puntos iguais. Liga emocionante tanto por arriba como pola zona baixa cando ainda faltan 11 xornadas por disputar.
10 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Se ve por la goleada que las vacaciones sentaron bien....
Publicar un comentario