31 de enero de 2010

¡¡ ESTA VEZ SI !!

CORCUBION - PONTECESO (1-3)
Esta vez sii.. !! Esta vez o futbol fixo xustiza frente a un gran equipo como é o Corcubión. Xa na primeira volta fixeramos un gran encontro pero que de nada valera pois os tres puntos leváranos eles. Hoxe puxemos o futebol mais os goles, dominamos a maior parte do encontro o que tan so chegamos con dous cambios. Na primeria metade nada mais empezar, no minuto 3, despois dun "tiki-taka" pola banda dereita chegaba o primeiro gol nun lanzamento cruzado de Cros. Esto tan so foi o principio do gran encontro que estaba por vir e así no minuto 28 anotaba o cero a dous Carlinhos. Con este resultado fomos o descanso. Na segunda metade o Corcubión adiantou liñas e pouco a pouco meteunos no noso campo e asi no minuto 68 recortaban distancias no marcador, 1-2. A raiz do gol o partido foi un querer e non poder do Corcubión, pero pouco a pouco conseguimos sair do noso campo e así no minuto 88 nunha gran contra Cros cunha gran asistencia dende a banda a Pelé, este sentenciaba o encontro co definitivo 1-3.

A NOTICIA DESTA XORNADA estibo na suspensión cautelar que recibía Alfonso a última hora para poder disputar este encontro. Presentadas as alegacións por parte do clube, REME accediu a conceder dita cautelar despois dunhas duras negociaciòns.

En canto os outros resultados, os dous de arriba, Bergan e San Roman, seguen sen pinchar. Sorprendente a goleada que lle endosou o Nantón o Clube do Mar e a derrota do Cabaninter frente o Buño. Un Buño que recibimos na proxima xornada e que moitos daban por descendido e que agora está a tan so un punto da salvación.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Enhorabuena....se ve que os abonasteis al tres..., no es mal número siendo a favor, verdad??

Aimar..co dijo...

A verdade que coa entrega que houbo hoxe da gusto, tan so dous cambios pero como se fóramos 20, dos mellores econtros deste equipo.