PONTECESO - CABANA (4-2)
Goles; Pelé (3) - Cros
Encontro desputado nesta mañá de domingo en "Can-Pinguel" con moito-moito frio. Enfrentábanse dous grandes equipos no que sería un dos clásicos mais "sosos" dos últimos anos.
Na primeria metade chegaban dous goles por cada lado. Sería o Cabana sobre do minuto 14 o que se poría por diante no marcador, pero tan so tres minutos despois empatábamos con golazo de Pelé, tiro cruzado por toda a escuadra. A raiz do empate parece que nos metemos un pouco mais no partido e dez minutos despois nunha deixada de Susinho Jaucho a Cros, este poñia o 2-1 no marcador. O Cabana non baixou os brazos e nun erro defensivo noso empataban o encontro. Con este resultado (2-2) íamos o descanso.
Na segunda metade empezamos un pouco mas concentrados que na primeira. Pouco a pouco fomos chegando a porteria do Cabaninter e nunha contra Pelé anotaba o 3-2, a partires deste gol o Cabaninter practicamente baixou os brazos e novamente Pelé sentenciaba o encontro co su "jatrike".
En canto os outros resultados os dous de arriba, Bergan e San Roman, seguen gañando os seus partidos. Seguen empatados a puntos no que parece vai ser un final de Liga de infarto. Nas vindeiras xornadas xogamos contra eles dous, San Roman e Bergantiños respectivamente son as nosas proximas citas.
A NOTICIA DA XORNADA ESTABA NAS GRADAS;
Ante un clasico como este, e coa de masas que move desta vez acercanronse a ver o encontro dous grandes do momento. Aqui vos deixamos a instantanea da visita dos gran coñecidos "Ardebullo". Según unhas verbas deles mesmos a esta redaccion; "estamos moi contentos de poder asisitir a unha cita como esta. Foi moi bonito ver como dous grandes rivais desputaron un gran encontro con tanta deportividade, esperamos e desexamos que todos os clásicos sexan así"
1 comentario:
Simpatiquisimos ¡¡ si señor¡¡
Publicar un comentario