20 de febrero de 2011

¡¡PRESTOU MADRUGAR !!

AT. MILAGROSA - PONTECESO (2-4)


XOGARON;
Gerardo, Vidal, Perez, Pablo, Amado, Toni, Mouzo, Carlos, Rama, Pichuco, Paco, Cros, Chema, Pelé, Susinho e José Mª. Tamen asisitiu Victor ainda que lesionado ao encontro.


GOLES;
MOUZO (1-0), SUSINHO (2-0), JOSÉ Mª (3-1), PELE (4-1).


Encontro madrugador o deste domingo nun gran recinto como é o das Eiroas. Voltouse a senda da victoria. A pesar do resultado final o encontro non se decantou ata ben entrado o ultimo cuarto do mesmo. Ao descanso iríamos co 0-1, pero nada mais empezar o segundo tempo Susinho poría o 0-2 cunha fermosa vaselina. Pouco duraba a alegria pois aos cinco minutos o At.Milagrosa recurtaba distancias no marcador. Os primeiros 20 minutos da sengunda metade a relaxación case nos pasa factura pois serían os locais quenes tiñan o control do encontro e apenas lograbamos inquedar a meta local, pero nunha gran contra José Mª poñía o 1-3 co que o Atletico baixaba os brazos e así Pelé finiquitaba o encontro anotando o cuarto. Xa no final volvian recurtar distancias pero sen tempo a mais e así resultado final de 2-4.
A sorpresa da xornada estibo no empate que acadou o Cabana ante o Bergantiños e que o Xuventude non aproveitou para recurtar distancias. Como non destacar a gran deportividade do Milagrosa, foi un encontro sen nada de nada..."FAIR PLAY".
Na vindeira semana voltamos xogar as 10 da mañá. Recibimos ao San Román que ten as estadísticas ao seu favor en canto a resultados no Pinguel.

No hay comentarios: