17 de enero de 2011

As estadísticas non fallan.

PONTECESO - XUVENTUDE (1-4)

XOGARON; Gerardo, Rama, Chema, Amado, Perez, Toni, Cros, Carlos, Victor, Pelé, José Mª, Susinho, Vidal, Mouzo e Pablo.

Encontro sen moita historia na que as estadísticas se confirman e o Cances volve gañar no Pinguel. Pola nosa parte con bastantes e importantes baixas (que non é disculpa) sufrimos unha contundente derrota por parte deste grande equipo como é o Xuventude. Xa na primeira parte sentenciaban con ese contundente 0-3. Na segunda metade un gol para cada equipo e pouco mais que resaltar a deportividade entre ámbolos conxuntos.

Na vindeira xornada toca visitar Baio. Ainda por confirmar a hora pois resultan ter problemas coa disponibilidade do campo.

No hay comentarios: