15 de enero de 2011

PREVIA da xornada 16.


PONTECESO - XUVENTUDE
O PINGUEL - 16/1/11
11:00
Xornada a deste vindeiro domingo na que recibimos ao equipo revelación da tempada. Chega o Xuventude que despois de moitas xornadas como lider da categoría a raiz dos últimos resultados perdeu ese primeiro posto pero que ainda de gañar o partido pendente tan só estaría a dous puntos do Bergantiños. Preséntase pois un encontro moi dificil no que non se poden permitir pinchar mais se queren seguir pelexando polo título. Como nota a destacar resaltaremos que tal como nós lle temos collida a medida no seu campo eles tamén se lles presta millor o noso, polo tanto agárdase un encontro apaixoante e moi desputado no Pinguel.
Chegounos a redacción as últimas imaxes nas que se poden apreciar os cuidados que se están a ter co terreo de xogo para o encontro. O corpo técnico quere un tapete do mais cuidado e nas mellores condicións para un partido no que se presume de moito toque e de futebol de alta escola.


No hay comentarios: