30 de enero de 2011

Outros tres puntiños!!

PONTECESO - CAMARIÑAS (3-1)

GOLES;
Pelé no 32´ (1-0)
Cros no 62´(2-0)
Chema no 80 (3-0)

XOGARON; Gerardo, Vidal, Perez, Pablo, Toni, Mouzo, Carlos, Alfonso, Susinho, Rama, Pichuco, Paco, Cros, Chema, Pelé e José Mª.

Encontro contra un Camariñas que chegou o Pinguel con un once xusto, nin un só cambio, pero que puxo as cousas moi difíciles. Sería Pelé o que nos adiantaba no marcador aló polo ecuador da primeria metade e xa con ese resultado o descanso. Na segunda metade quizais polo cansancio dos camariñáns e algunha melloría no xogo levamos mais o peso do encontro e así despois dunha formidable internada por banda de Carlos que poría un centro perfecto para que Cros rematara o fondo da porteria para poñer o 2-0. Pero o Camariñas non se veu abaixo e asi nun lanzamento que pilla a Gerardo mal colocado recurtaban distancias e así poñían a incertidumbre no marcador. Pero no minuto 80 nun magistral lanzamento de Chema mete o terceiro por toda a escadra do gardamallas camariñan e asi co tres a un mataba un encontro que non estaba nada claro.
Na vindeira xornada toca ir a Castriz no que se prensenta outro encontro moi desputado que de gañar pódese dicir que sentenciariamos a permanencia.

No hay comentarios: