7 de febrero de 2011

NA DE NAAA...¡¡¡¡

CASTRIZ - PONTECESO (1-1)


XOGARON; Gerardo, Perez, Pablo, Mouzo, Carlos, Susinho, Rama, Victor, Pichuco,Cros, Chema, Pelé, Mato e José Mª.

GOL; Pelé de preciosa bolea no 37.

Encontro o disputado en Castriz do mais froxo que vimos esta tempada, ningún dos dous equipos foi quen de levar o peso do encontro, todo era un querer e non poder. Sería de todas formas o Ponteceso quen creaba mais perigo pero como en partidos anteriores non foi quen de materializalas. Un gol por cada tempo e para cada equipo é o salientable dun encontro nun gran escenario e formidable día no que a deportividade foi o mellor.

Na vindeira xornada visítanos o lider da categoría, o todopoderoso Bergantiños con un dos mellores planteles da liga. Para dito encontro o corpo técnico decidiu que nos vamos concentrar o sábado nunha cea en grupo e despois mover o esqueleto para estar na mellor forma posible para o encontro tan dificil do domingo.

No hay comentarios: