16 de febrero de 2009

Somos a sorpresa da xornada¡¡¡

PONTECESO - XUVENTUDE (0-2)
Pois si, vaia campanazo foi dar o pechacancelas o Pinguel. Presentábase o Xuventude con toda súa artilleria na Vila de Pondal dispostos a dar o "pinguelazo", e así foi. Xogamos un partido moi discreto pero no que tampocuo o resultado é xusto o que alí se viu. Non sei como o Xuventude ocupa o lugar que ocupa se xoga todos os domingos coa intensidade que xogou en Ponteceso.
Na primeira metade pouco que dicir mais que se foi co resultado inicial (0-0) os vestiarios, poucas ocasións de gol agás un par de penaltis (un por cada bando) que o colexiado non viu.
Na segunda metade sobre do minuto 60 anotaban o seu primeiro gol e a partires de ahí foi cando parece que espabilamos, fomos arriba pero outro penalti clamoroso sobre Quito que o colexiado a escasos dous metros da xogada non pita. Despois gol de Mouzo que anula por fora de xogo que so ve el. Como non podia ser menos e co equipo metido arriba cóllennos nunha contra e sentencian co 0-2.
Non quero dicir nada mais sobre as arbitraxes porque parecería que estamos sempre a descargar con eles, pero os que alí estiberon vendo o partido viron o que pasou, lamentable actuación como xa nos ten acostumados este señor. Comentar que o colexiado que lle tocaba de arbitrar non apareciu e tivemos que localizar ao comité e conseguir que arbitrase este que se acercara ao Pinguel para ver a primeira metade.
En canto os outros encontros destacar a victoria do Nantón en Zas, o domingo dependendo dos resultados xa poden cantar o "alirón". En canto os descensos seguen cinco equipos con tan só tres puntos de diferencia, aquí esta pois a emoción do tramo final da Liga.

RESULTADOS DA XORNADA

RESULTADOS GRUPO 1ª

SEGUINTE XORNADA

4

CORCUBION

CABANA

4

BERGANTIÑOS

CABANA

1

CAMARIÑAS

BERGANTIÑOS

3

SAN ROMAN

CAMARIÑAS

2

BAIO

SAN ROMAN

2

XUVENTUDE

BAIO

0

PONTECESO

XUVENTUDE

2

BUÑO

PONTECESO

1

BERTOA

BUÑO

2

NANTON

BERTOA

2

ZAS

NANTON

4

ZAS

CORCUBION

RESULTADOS GRUPO 2ª

SEGUINTE XORNADA

"descansa"

CORISTANCO

"descansa"

CLUBE DO MAR

2

CORCOESTO

LEILOIO

1

LEILOIO

CORISTANCO

0

PORTEÑO

SAN LORENZO

0

SAN LORENZO

CORCOESTO

1

CORME

SOFAN

2

SOFAN

PORTEÑO

5

VIMIANZO

DEP.CARBALLO

3

DEP.CARBALLO

CORME

1

CLUBE DO MAR

MALPICA

2

MALPICA

VIMIANZO

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Non vas dicir nada mais dos arbitros?......xa dixeches abondoooo. Os arbitros son igual de malos para todos, igualiño. O final dan e quitan o mesmo. Algún mérito facería o Xuventude non?

ACD Veteranos Ponteceso dijo...

Aqui ninguen lle quitou méritos o Xuventude, se lees ben creo que pon moi clariño que si xogaran todo o ano coma este domingo non estaban donde están, primeiro punto aclardo?.
Segundo o tema dos árbitros para opinar hai que estar no campo sr. incrédulo porque si alí estibeches creo que ao que fixo non dixen nada de nada.

QuitoPonteceso dijo...

Eu destacaría tamén o tiro ó largueiro de Mouzo na primeira parte con 0-0, que puido cambiar o partido (se a metemos claro). Un penalty clarísimo a Hugo, dous tiros ó poste do Xuventude que, coa portería valeira non foron quen de marcar. Co 0-1 (regalito de la casa), tiro ó poste de Mouzo e un penalty clamuroso que o único que non o ve é o "señorito" (a dous metros). Un bo contragolpe dos visitantes, para o 0-2 e a continuación un "quiero pero no puedo".
Os pequenos detalles marcaron a diferencia.

Zurditadeoro dijo...

Os árbitros que hai NON SON ÁRBITROS. son ex-xogadores ou xente que se anima a pitar polo billete de 50. Nulos técnicamente e a maioría encima sen físico pra seguir a xogada (era o mínimo que había que pedirlle).
Hai unha proba chulísima do que saben: o outro día en Malpica parece ser que un árbitro prohibíulle a un porteiro poñerse a xogar de xogador de campo, disque estaba prohibido!!!!! inaudito, de videos de primera.
O único bo é que son malos pra todos, asique neso polo menos estamos igualados, van dando e quitando o azar e malo será que a cousa non se iguale o final.

CARIOCA dijo...

Suscribo Zurdita. Bueno, polo menos ese de malpica aínda disque chamou a Modesto no descanso pra consultar, non sei se rectificou pero polo menos intentou informarse. O meu ídolo é un de bigotes que arbitra desde o punto central, eu compraríalle un pedestal deses dos socorristas pra seguir o xogo. Representouno que nin dios o Marajota Mecánica no seu blog.

Anónimo dijo...

deixade xa o conto dos árbitros que eso non ten arrejlo, canto antes vos mentalizedes de que é o que hai mellor pra todos. O certo é que son malos pra todos.
E hora de ir felicitando os Ponys, e os perseguidores tamén pola sua lucha. Está sendo unha tempada exemplar, moi emocionante pero sen demasiados follóns. Eso é o mellor.
Por certo carioca, como vos puxeches carallo, menuda botelliña lampíns.

Anónimo dijo...

A maioría dos partidos que xogamos fixémolo tambén ou millor que o domingo. Nada cambiou solo que a vós non vos quixo entrar e a nós sí, eso sí para iso tivemos que ter catro ocasións para marcar un gol. Vós millor ca nadie debedes de comprender o que nos está pasando anós porque sufrístelo o ano pasado no que xogastes grandes partidos e perdestes. O fútbol ten esas cousas raras seguro que xogastes peores partidos ca o outro día e gañastes, por exemplo na primeira volta ganastes 1-4 e para mín xogastes moito millor o domingo, solo que a maldita pelota non quiso entrar, iso foi todo. De todos os xeitos non non queda máis que felicitarvos pola excelente tempada que estades a facer...seguide, a pèna é que para o ano xa non tendes os TRES PUNTOS que sempre facedes no VINCULEIRO ..Saúdos e no nos olvidemos que sodes os CAMPIONS de COPA.

ACD Veteranos Ponteceso dijo...

Dar as grazas o Xuventude polas palabras aqui escritas. Merecestes gañar eso non se pon en dúbida ningunha. Non fixemos dos peores partidos pero a asignatura do gol xa a lebamos arrastrando un par de aniños, este millor ca pasado pero siguenos costando.
Co equipo que tendes, e sobre todo con ese grupo que apesares da tempada tan mala que vos está saindo dicirvos que sodes candidatos número un o ascenso para a próxima tempada.
Un saudo.