15 de marzo de 2009

CABANA - PONTECESO (0-2)

Despois de desputada a primeira xornada da liguilla de Copa, e como non podía ser menos neste tipo de competición xa saltaron as primeiras sorpresas (ver resultados mais abaixo).
Pola nosa parte trouxemos os tres puntos das Redondas, donde deseguro que poucos equipos o conseguirán. Foi un partido moi disputado no que calquera dos dous puido gañar, esta vez o acerto de cara a portería estibo da nosa parte. Na primeira metade ata transcurrida a media hora de xogo era o Cabana quen dispoñía de varias ocasións de gol, pero unhas veces polos seus propios fallos e outras pola gran labor do noso gardamallas non conseguían abrir a lata. A partires do minuto trinta foi o Ponteceso quen empezou a levar o peso do encontro e así no minuto 37 Mouzo asinaba o primeiro gol, con este resultado chegábamos o descanso. Na segunda metade un pouco do mesmo, un calco da primeira, o Cabana xogaba a contra pero a defensa pontecesá mostrouse intratable, gran encontro dos centrais Gutierrez e Suárez. Despois de varias ocasións falladas pola nosa parte era Quito no minuto 76 quen anotaba o segundo e así sentenciaba o choque. A raiz do 0-2 o Cabana entregouse e incluso o marcador pudo ser mais amplo. Un gran encontro no que como nos outros dous anteriores desta tempada houbo unha gran deportivade.

En canto os outros partidos do noso grupo non houbo sorpresas e gañaban os equipos de primeira, o Nantón gañaballe o Coristanco por 3-0 e o San Román endosaballe a domicilio un contundente 0-4 o Malpica.
Na seguinte xornada volvemos xogar fora, tócanos visitar o San Román, un encontro moi igualado, pois se miramos os resultados da Liga as duas veces que nos enfrontamos os resultados foron iguais, empate a dous.

RESULTADOS E PROXIMA XORNADA:

A

B

15/03/2009 ** 26/04/09

15/03/2009 ** 26/04/09

BAIO-CORCUBION……….......1-4

XUVENTUDE-BERTOA......3-0

PORTEÑO-SAN LORENZO….0-2

CAMARIÑAS-BUÑO...........1-1

C. DO MAR-ZAS.....................0-0

VIMIANZO-CORCOESTO...1-2

22/03/2009 ** 03/05/09

22/03/2009 ** 03/05/09

ZAS-BAIO

CORCOESTO-XUVENTUDE

CORCUBION-PORTEÑO

BERTOA-CAMARIÑAS

SAN LORENZO-C. DO MAR

BUÑO-VIMIANZO


C

D

15/03/2009 ** 26/04/09

15/03/2009 ** 26/04/09

MALPICA-SAN ROMAN....0-4

CORME-SOFAN.................3-2

CABANA-PONTECESO....0-2

LEILOIO-D.CARBALLO.....2-2

NANTON-CORISTANCO...3-0

BERGANTIÑOS (descansa)

22/03/2009 ** 03/05/09

22/03/2009 ** 03/05/09

CORISTANCO-MALPICA

CORME (descansa)

SAN ROMAN-PONTECESO

SOFAN-LEILOIO

CABANA-NANTON

D.CARBALLO-BERGANTIÑOS

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bó partido contra o eterno rival,si señor.Eles tamen axudaron aljjjo co seu comportamento(ainda que o carioca......)Parece que estan pensando que teñen poucas posibilidades,non?viaselles aljo apáticos,sin a garra que teñen sempre,a verdade que as suas baixas tamen afectan,perderon bos xogadores que precisaban pa facerlle frente a un bó equipo coma o voso.Felicitalo trencillaque cando quere..Sorte e a seguir asi,que calquera pode pinchar e neste grupo.....

Anónimo dijo...

Hola,noraboa a todo e equipo,parece que vos esforzaches pa doblegar o rival,¿ou puxecheslle mais ganas por selo Cabana?merecedes unhas variadas.....Ah,¿non tedes a ningun xogador que tire mellor as faltas dende o medio do campo?Paquiño,por Dios...Esto acaba de empezar,e non se pode un descoidar,asi que a facerlle o mismo o San Román

Anónimo dijo...

Si tendes un que tire ben as faltas desde o medio do campo mandádemo que pajamos ben.

ratomil dijo...

O que hai e moito capullo solto polo mundo adiante,acordate que se podo facerche un caño e meto gol,eite aburrir po resto da tua existencia...ainda que sendo realista,(non do real madrid),e mais facil acertar seis a primitiva.Pero a ilusion e o ultimo que se perde.

Anónimo dijo...

Ratomil ¿Con quen falas?

Anónimo dijo...

Apaticos?, sin garra?....non te olvides que faltaban Mino, j.ramon, alberto, kun, pombo,toniño.....,e ainda asi a primeira parte foi de meneo.

ratomil dijo...

Falo solo...
debes ter razon r12,debiu de ser de meneo,porque eu quedei dun aliviado......

Anónimo dijo...

non quero ser excesivo tampouco, o mellor o de meneo non queda ben, pero tes que recoñecer que na primeira media hora merecemos moito mais, a vosa crónica mesmo o recoñece. Tamén hai que dicir que a victoria non ten peros, aproveitaches ben o noso baixón. Sabes que faltaba xente clave no equipo. Por certo, que juapo sales na foto que puxo o noso telexornal!!
saludos

ratomil dijo...

Nos salimos durmindo,e en defensa a primeira hora tuvemos traballo de carallo,eu casi estalo...cousa que e bastante facil dado o meu estado fisico,vese na foto,mi ma.Na segunda parte podeches levar algun mais,mouzo cantas fallou?.Nos tamen temos baixas,migueldanllons,casti,e a que sin duda nos afecta mais,allo danllons.

Anónimo dijo...

Ratomil:xa che vale,non te metas cos compañeiros carallo,(o de anllons),que eso fai mal rollo,jajajajaja.Esa xogada do cano e rematala en gol....ben a firmarian os mellores da lija,pero creo que será moi dificil,non crees?

Anónimo dijo...

Ou ohhhhh,que non me metia contigo,decia que pa tirala como fixo Paco,pa eso podiate deixar a ti,por unha vez que te defendo.....cabrón.

Anónimo dijo...

sodes boas pezas vos os dous si...dios os crea e eles se xuntan..jajaja

Anónimo dijo...

Marcooooooooooooooooo,que non nos metemos con ninjén,(de momento).Solo estamos no tira e afloxa,xa sabes,no bó rollo que predican aljuns que sabemos todos,jeje.Xa que estas por aki,¿entrenades o Xoves?Queria decir se habia pinchos,ohh

Anónimo dijo...

si como non...eso non pode faltar...este xoves kedamos para as oito co entreno e lojo pois a recuperar forzas...