13 de marzo de 2009

CURIOSIDADES DO CLÁSICO.

Este non é un clásico calquera, é o clásico dos clásicos. Aquí danse moitas curiosidades entre ámbolos dous equipos, pero vamos resaltar unha que non pasa desapercibida por ningén que coñeza un pouco estes dous equipos, OS GARDAMALLAS, eses xogadores tan importantes en calquera equipo, eses postos que tanto están no ollo de mira. CARLOS e GERARDO, estes son os dous persoaxes dos que falamos. Carlos de Ponteceso e xoga no Cabana e polo contrario Gerardo que é natural de Cabana e xoga no Ponteceso. VAIA CASUALIDADE ¡¡



Outra das curiosidades é que os da Vila de Pondal teñen para cada competición un medio de transporte distinto. Aqui podedes ver do que dispoñen para o campionato de Copa. Totalmente aislado do exterior, o mister non quere ningún tipo de distracción que rompa a concentración dos seus pupilos.


Imaxe da expedión Pondalina no seu último desprazamento de Copa do ano pasado, precisamente o mesmo escenario desta xornada.


A última curiosidade que vamos resaltar por esta vez son os ENTRENAMENTOS ESPECIFICOS de cara os clásicos. O coñecido preparador físico polos súas formas tan peculiares de adestramentos, o sr. Casti..gador , esta semana preparoulles un duro adestramento. O adestramento foi a base de bicicleta, fixeron 5 traxectos Ponteceso-Balarés-Ponteceso. "É un partido moi duro e temos que chegar forte fisicamente, hai moito que pedalear se se quere conseguir algo...." palabras de Casti..gador nada mais rematalo adestramento.

Aqui podemos ver as bicicletas de última xeración empleadas no adestramento. Temos que dicir que as bicletas foron doadas pola casa B.H. (Bículos Haicomopesa).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Lixeira non será, pero pinchar non pincha. Fijo.
En canto ós adestramentos será mellor decir, postadestramentos co casti-gador do colesterol.
P.D. Non os piques co transporte especial, que levámolas de perder.