2 de marzo de 2009

RECIBIMOS O CAMPIÓN ¡¡

Como todo campión se merece recibimos o NANTÓN en Can´Pinguel.
***

Este domingo poidemos ver no Pinguel un gran partido de fútbol entre dous dos mellores da Liga. Disputouse un partido moi igualado no que serían os de Nantón os primeiros en poñerse por diante no marcador, 0-1(minuto 16). Sobre do minuto 33 Carlinhos asinaba o empate a un con un fermoso gol de chilena, él mesmo anotaría o 2-1 antes de ir o descanso (minuto 42) nunha xogada de "tiki-taka" para enmarcar. Na segunda metade o Nantón saía disposto a remontar o encontro e así sobre do minuto 64 Paco poñería o empate a dous. O Ponteceso entón sacou a garra que nos últimos partidos faltou e no minuto 82 Mouzo anotaba de cabeza o definitivo 3-2.
Non podo pasar por alto a labor do colexiado Iván (primeira vez que nos arbitra). Un árbitro que non será dos mellores pero si podo dicir que non se complica con nada e se fai respetar no campo.

ASCENSOS-DESCENSOS; Esta semana foi o Clube do Mar quen sellou o ascenso a primeira. Creo que o merecian despois da tempada que fixeron e na que sempre estiberon nos postos de cabeza. Noraboa pois polo ascenso acadado. En canto os descensos xa hai cambios outra vez, é o Zas o que agora ocupa a praza de descenso, e que xa non dependen deles mesmos, pero tanto o Baio (1Punto) como o Camariñas (3 puntos) ainda non teñen a asegurada a permanencia. Queda unha xornada na que a atención está por saber que acompaña o Xuventude a segunda.

RESULTADOS E PROXIMA XORNADA

RESULTADOS GRUPO 1ª

SEGUINTE XORNADA

5

BERGANTIÑOS

CORCUBION

1

SAN ROMAN

BERGANTIÑOS

2

CABANA

SAN ROMAN

0

XUVENTUDE

CABANA

2

CAMARIÑAS

XUVENTUDE

0

BUÑO

CAMARIÑAS

3

PONTECESO

NANTON

2

ZAS

PONTECESO

5

BAIO

BUÑO

2

NANTON

BAIO

4

BERTOA

ZAS

1

CORCUBION

BERTOA

RESULTADOS GRUPO 2ª

SEGUINTE XORNADA

"descansa"

LEILOIO

"descansa"

VIMIANZO

3

CORISTANCO

SAN LORENZO

1

SAN LORENZO

LEILOIO

2

CORCOESTO

SOFAN

1

SOFAN

CORISTANCO

1

PORTEÑO

DEP.CARBALLO

2

DEP.CARBALLO

CORCOESTO

3

CORME

MALPICA

0

MALPICA

PORTEÑO

3

VIMIANZO

CLUBE DO MAR

5

CLUBE DO MAR

CORME

2 comentarios:

Anónimo dijo...

bo detalle ese pasillo, ademais vese ben o cachondeo que hai.
Eso sí, Paquiño non cabe na sudadera....diosss que janiña tiña o home. Noraboa.

Zurditadeoro dijo...

boas, xa fai tempo que non vos visito. Noraboa polo xesto, así debe ser. E noraboa o nantón, o vimianzo e o club do mar.