24 de enero de 2010

PONTECESO - XUVENTUDE (3-0)

Encontro moi disputado a pesar do resultado final. A claves do encontro foron o tempraneiro gol (minuto 11) de penalti e o noso gardamallas que hoxe parou todo canto chegou os seus dominios mantendo asi a porteria a cero.

Na primeria metade iríamos o descanso con 2-0. Goles de Mouzo (11´) de penalti e Carlinhos (24´) nunha gran contra que de lazamento cruzado a cepa do poste nada pudo facer o gardamallas visitante. Xa na segunda metade apareciu a figura do encontro, o noso gardamallas que se fartou de parar con grandes intervencións. O Xuventude fíxose dono e señor do encontro e xogada tras xogada chegaban a nosa porteria pero que como dixen se topaban con un muro chamado Gerardo. Despois de case media hora da segunda metade, e do asedio do Xuventude sobre da nosa porteria chegaría o gol de Pichuco nun gran lanzamento dende o frontal da área que sentenciaba o encontro co resultado final de 3-0.

En canto os outros resultados destacar a victoria a domicilio do Bertoa en Nanton, o empate do Zas en terras Romanesas e a goleada do Bergan sobre o Clube do Mar.
A vindeira xornada visitamos un dos campos mais dificiles da categoría, o Corcubión. Equipo que na primeira volta nos gañou 1-2 a pesares do gran encontro que fixemos. A ver se desta somos quen de traer os tres puntos e seguir esta liña de bos resultados.

14 comentarios:

o follonetas dijo...

ta esto ben parado ohh asi non mola nada esto dos blogs
tendes que darlle algo de salsa o tema

Anónimo dijo...

si ques salsa, vas ver a Armonia Show, e si non fai ti un blog.

Aimar..co dijo...

Eu creo que ta ben o conto así, ainda que resulta raro tanta tranquilidade, pero bueno... repito mellor asi.

Anónimo dijo...

Cada vez que hai marcha en realidade acaba habendo follón. Deixade a festa en paz, con ter información puntual xa chega, e de vez en cando xa botamos unhas risas co marajota e co carioca, aínda que últimamente teñen o tema algo abandonado.

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Ben gañado aproveitastes as ocasións e despois ese super-porteirazo Gerardo parouno todo..algún dos nosos está no psiquiatra porque rachou as botas de tanto tirarllle....e agora anda vagando por ahí adiante dicindo "ese non é un home....é un muro...un muro". ¡Felicitacións! e sobre todo a Gerardo.

M@rko dijo...

Ao Xuventude grazas polo comentario.
Isto é o que te o futbol, sen ir mais lexos o domingo pasado tivemos ocasions e non logramos materializar ningunha e o Zas chegoulle unha que tibo. Este domingo foi o reves case 100% de efectividade e o noso Gerardo super inspirado.
Grazas de novo e sorte na proxima xornada.

Sejidor dijo...

Felicidades pa Gerardo,pero tamen teño que decir que xa ia no tempo de espabilar algo,que falta facia que empezasemos a contar con él,e que non se falase de que grazas o porteiro,o equipo contrario pudo encarrilar o resultado,cousa que aconteceu en varios partidos,¿ou non foi asi?Pero se empeza agora,esperemos que sexa a tempo de sacar o equipo de onde está,que por certo,visto o visto,se merece,sinto decilo.Espero que cambien as cousas.Animo po que ainda falta

Anónimo dijo...

Oense cantos de sirena,pero din por ahí que van a sancionar o Cabana por abandonalo campo de futbol,¿e eso certo?Xa sería calvario dabondo o de perder un xogador por unha lesion que se podria evitar,pero tamen existe un reglamento que non se pode ignorar,haberá outras maneiras de facelo que fixeron,non sei....o mellor estando alí faciamos o mismo.....anque me parece que non,pero cada un obra como lle parece.O que sí quero e darlle animos o xogador do Cabana,que axeno o tema do acontecido o final,xa ten traballo coa recuperacion,ANIMO TONI

Cabana Veteranos. dijo...

Con un xogador lesionado grave e trasladado en ambulancia, 11 xustos no campo dos cales 4 renqueaban por non abandonar os compañeiros e manter o 0-1 como fose, e un árbitro que nos acabou de machacar inventando un penalti en contra pra decir despois "equivoqueime".....calqueranon marcha do campo. Xa tiñamos que marchar no momento da lesión de Toni.
Eso por non decir que as dúas entradas graves -agresións- dos locales safaron con AMARILLA e a Roja gardouna pra enseñala por protestar. E eso que na primeira entrada -agresión- o defensa rematou o conto con un "a próxima douche mais arriba", diante do colexiado. Cousiñas destes ¿árbitros? que temos. Echo que hai. E encima na acta non reflexou nin unha letra sobre a lesión, a ambulancia e o parón correspondiente do partido, cousa que ten por obligación.
O que pasa que en Cabana xa temos a fama de malos e parece que podemos ben con ela.
A norma di que se abandonas o cmapo son 100 euros e 2 puntos. O comité terá que aplicala que está pra eso, non ten culpa o comité da ineptitude do arbitro.
Que lle den polo cú a norma. A dignidade persoal está por encima das normas. Fomos machacados a patadas e salimos dali con yeso, placa, tornillos, unha roja, 3 puntos roubados e posiblemente 100 euros menos e -2 puntos de propina. Futebol é asín.
Por certo, son Carioca, e falo en nome de todos os meus compañeiros.

carioca dijo...

carallo!...escribin abondo.
saludos,

Frente Urixeira dijo...

Amén.
xa tiñamos que marchar cando cazaron a toniño

Anónimo dijo...

Bueno,vexo que sendo así sobran mais comentarios,o certo e que xa sabedes,e que din....e que disque......e que creo.......pois nada,ahora xa sabemos algo mais do acontecido,e quen teña qe tomar medidas,as que sexan,que o faga,eu dende logo xa teño a miña opinion o respecto.¿Teredes que ir a unha meiga?jejejeeje.

Diaz Verga dijo...

Non vos queixedes dos arbitros que mirade no futbol sala na tanda de penaltis que pasou e mais son internacionales

Zurditadeoro dijo...

Esa chegoulle ben de carallo. Pero o que si hay que pedirlle os arbitros e que non permitan o xogo duro en veteranos. Todos temos, bueno mais ben casi todos por desgracia, un traballiño o que presentarnos os luns.
Animo pa toniño e para todos os mancados da liga!!