7 de febrero de 2010

ESTA VEZ NONNN !!!!

PONTECESO - BUÑO (0-1)
Encontro totalmente distinto o da xornada pasada. Volvemos dar una nefasta imaxe ante un Buño necesitado de puntuar. Aproveitaron practicamente a única ocasión que tiveron mentres que nos seguimos a crear ocasións pero que tan só son eso, ocasións.
Na primeira metade dispuxemos de tres claras ocasións de gol, pero sería o Buño o que nunha contra anotaría o que sería o unico gol do encontro.
Na segunda metade unha monotonía, pouco a pocuo fomos encerrando o Buño no seu campo e intentouse de tódalas maneiras, pero desta vez non fomos quen de lograr materializar ningunha delas.

En canto os demais resultados o Bergan non pasou do empate ante o Xuventude, o Nanton ante o Zas e o que si aproveitou a xornada foi o San Roman que gañou e xa está a puntos co Bergan.
Na vindeira xornada volve o CLASICO, recibimos a un Cabana que ven de gañar o Baio pero como todos ben sabemos un clásico é un clásico e o resultado é impredecible.

1 comentario:

RapJeifeiro dijo...

Xa que ven o entroido, ahí vai unha copliña:

Nin lija nin Champions, nin Copa
teñen mais morbo co clásico
andan os equipos mais quentes
co juardia de Instinto Básico

Cheja por diante o Cabana
a pesares do comité
marcharon do Cubaleiro
antes de romper outro pe

Na ida foi media ducia
na volta xa Deus dirá
esperemos que polo menos
remate con amistá

Aimarco contra Allolotti
Carioca contra Pelé
O Jato en manga corta
hai que mercarlle un jersei

Mareona do Frente Urixeira
rapazada e aljún cuarentón
eso que o dan por aberto
e non por Jol Televisión

Despois do partido reunión
pero esta solo para vós
atalora xa esta temblando
a que fixo as papas de arrós

Recordade que este xogo
tennos enjanchados a moitos
que sexa para todos vós
un ledo Domingo de Entroido